O frafra ou farefari, tamén coñecido como gurenɛ, é unha lingua gur falada polo pobo frafra do norte de Ghana. Fálase na rexión do Alto Oriental, e no sur de Burkina Faso. É unha lingua nacional de Ghana, e está estreitamente relacionada co dagbani e outras linguas do norte de Ghana, así como coa lingua mossi, tamén coñecida como mooré, a lingua nacional de Burkina Faso.
O frafra ten tres dialectos principais, o gurenɛ (tamén escrito gurunɛ, gudenne, gurenne, gudeni, zuadeni), o nankani (tamén escrito naane, nankanse, ninkare) e o boone. As linguas nabit e talni foron identificadas erradamente como dialectos do frafra.ISO change request
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Wikipedia en frafra Bibliografía
M.E. Kropp Dakubu, S. Awinkene Antintono e E. Avea Nsoh, A Gurenɛ–English Dictionary and accompanying English–Gurenɛ Glossary Ninkare Frafra Dictionary
Ligazóns externas O frafra no Ethnologue
Categoría:Linguas níxer-congo Categoría:Linguas de Ghana