Business Proposal (en ) é unha serie de televisión surcoreana de 2022. Está baseada no webtoon homónimo escrito por HaeHwa e ilustrado por Narak. A serie foi dirixida por Park Seon-ho e escrita por Han Seol-hee e Hong Bo-hee. Está protagonizada por Ahn Hyo-seop, Kim Se-jeong, Kim Min-kyu e Seol In-ah. Conta a historia de Shin Ha-ri, unha empregada que acepta ir a unha cita a cegas no canto da súa amiga, pero descobre que a súa cita é en realidade o seu xefe. A serie componse de 12 episodios que foron emitidos orixinalmente en SBS TV dende o 28 de febreiro até o 5 de abril de 2022. Tamén foi lanzada en liña a través de Netflix en certas rexións do mundo.

Personaxes Ahn Hyo-seop como Kang Tae-moo Kim Se-jeong como Shin Ha-ri Kim Min-kyu como Cha Sung-hoon Seol In-ah como Jin Young-seo

Notas

Categoría:Series de televisión iniciadas en 2022 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2022 Categoría:Series de televisión en lingua coreana Categoría:Series de televisión de Corea do Sur