O Parque Nacional do Banco de Arguin (en ) é un parque nacional de Mauritania que se atopa na baía de Arguin, no oeste de África, entre Nouakchott e Nouadhibou. Foi declarado Patrimonio da Humanidade e é un importante lugar de migración e cría de aves, incluíndo flamengos, pelicanos e carráns. Gran parte da cría prodúcese en baixíos, incluíndo as illas de Tidra, Niroumi, Nair, Kijji e Arguim. As augas circundantes son algunhas das augas pesqueiras máis ricas do oeste de África e serven de lugar de nidificación para toda a rexión occidental.

O Parque Nacional do Banco de Arguin é unha reserva natural que foi estabelecida en 1976 para protexer tanto os recursos naturais como pesqueiros, que contribúen significativamente á economía nacional,Hoffmann, 1988 así como xacementos xeolóxicos de valor científico e estético, en interese e para a recreación do público en xeral.

As amplas extensións de marismas do parque son o fogar de milleiros de aves limícolas migrantes do norte de Europa, Siberia e Groenlandia. O clima suave da rexión e a ausencia de perturbacións humanas fan do parque un dos lugares máis importantes do mundo para estas especies. A poboación de aves nidificantes tamén salienta pola súa gran cantidade e diversidade. Entre 25.000 e 40.000 parellas pertencentes a 15 especies, conformando as colonias de aves acuáticas máis grandes de África occidental.IUCN Technical Evaluation, 1989

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial do Parque Nacional do Banco de Arguin Páxina da UNESCO sobre o Parque Nacional do Banco de Arguin

Categoría:Áreas protexidas establecidas en 1978 Categoría:Patrimonio da Humanidade en Mauritania