Jacinto Manuel Lamosa Novas, nado en Bueu cara a 1884 e finado en Marín o 7 de decembro de 1936, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria Serrador veciño de Beluso. Fundador da Sociedade El Progreso e presidente da Sociedade de Canteiros e Oficios Varios de Bueu. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xunto cos tamén detidos Francisco Escáneo Franco, Francisco García Villanueva e José Seijas Camiña foron asasinados a madrugada do 7 de decembro. O cadáver de Jacinto Lamosa apareceu nas inmediacións do cemiterio municipal de Marín xunto co de Francisco Escáneo. Soterrado no cemiterio de Marín, foi inscrito inicialmente como un cadáver descoñecido, e foi identificado o 27 de novembro de 1981. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.BOE, 10-12-1941, p. 4569.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia
Categoría:Nados en Bueu Categoría:Nados en 1884 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos