miniatura| Poema de despedida de Kuroki Hiroshi, un soldado xaponés que morreu nun accidente submarino o 7 de setembro de 1944. Un poema de despedida ou poema de morte (en ) é un xénero de poesía desenvolvido nas tradicións literarias do leste asiático, especialmente no Xapón, mais tamén durante certos períodos da historia chinesa e na dinastía Joseon (1392-1897) coreana. Adoitan reflexionar sobre a morte (tanto en xeral como en referencia ao inminente pasamento do seu autor), incluíndo observacións de relevancia sobre a vida. Esta práctica ten a súa orixe no budismo zen, pois baséase no concepto das tres marcas da existencia. Os poemas de morte están asociados coas clases dominantes da sociedade, xa que adoitaban ser compostos por poetas, guerreiros, nobres ou monxes.

China Zheng Ting Zheng Ting (finado cara ao 621) foi un político de finais da dinastía Sui (581-618). Executárono por orde de Wang Shichong (567-c. 621) tras dimitir do seu posto de funcionario e ordenarse monxe budista. Segundo a tradición, afrontou a situación sen medo, escribindo un poema de despedida con fortes resonancias budistas:

Wen Tianxiang Wen Tianxiang (1236-1283) foi un poeta e político chinés dos derradeiros anos da dinastía Song do sur (1127-1279). Foi executado por Kublai Khan (1215-1294), xa que participou nas revoltas contra a dinastía Yuan (1271-1368).Li (2014): 410.

Yuan Chonghuan Yuan Chonghuan (1584-1630) foi un político e xeneral da dinastía Ming (1368-1644). É especialmente coñecido por defender Liaodong da invasión dos iurchen durante a transición entre os Ming e os Qing. Yuan foi detido e executado polo emperador Chongzhen, acusado de traizón. Antes de morrer, redactou o seguinte poema:

Xia Wanchun Xia Wanchun (1631-1647) foi un poeta e soldado da dinastía Ming. Faleceu durante as invasións manchús, aos 17 anos de idade. Deixou o seguinte poema de despedida:Yuan (2017).

Tan Sitong Tan Sitong (1865-1898) foi un recoñecido político, pensador e reformista de finais da dinastía Qing (1644-1911). Foi executado aos 33 anos tras o fracaso da reforma dos cen días de 1898. Tan Sitong foi un dos seis cabaleiros da reforma dos cen días, polo que ocupa un lugar senlleiro na historia chinesa moderna.Hummel (1943).

Xapón miniatura|O xeneral Akashi Gidayu preparando para cometer seppuku, despois de perder unha batalla en 1582. El é retratado como tendo acabado de escribir o seu poema de morte, que é tamén visíbel no canto superior dereito. Ilustración por Yoshitoshi Tsukioka. Durante a era Meiji, o poema de despedida do estudante de secundaria Misao Fujimura (1886-1903) foi moi comentado nos xornais. O célebre novelista Natsume Sōseki (1867-1916), profesor no instituto de Fujimura, reflexionou sobre a morte deste na súa obra Kusamakura (1906).Asakura (2005): 45.

Algúns soldados na Segunda guerra mundial seguiron esta tradición.

Yukio Mishima escribiu no Bunka Bōeiron (文化 防衛 論, "A Defensa da Cultura"), que Hirohito debera abdicar e asumir a responsabilidade pola perda de vidas na guerra. En 1970, estando en contra da Constitución que despois da guerra perpetuou ao emperador do Xapón no seu cargo, tentou un golpe de Estado que fracasou. Segundo John Nathan, o seu biógrafo, tradutor e amigo, crearía este escenario só como pretexto para o suicidio ritual co que sempre soñouNathan, John. Mishima: A biography, Little Brown and Company: Boston/Toronto, 1974.. No cuartel que asaltou, dixo "A vida humana é finita mais eu gostaría de vivir para sempre"; practicou seppuku e escribiu uns breves versos de despedida:

Corea Ademais dos monxes budistas coreanos, os eruditos confucianos chamados seonbis escribían ás veces poemas de morte (절명시). Porén, os exemplos máis coñecidos son os escritos ou recitados por personaxes históricos executados por lealdade ao seu antigo rei ou por un complot insidioso. Son, polo tanto, versos improvisados, que a miúdo declaran a súa lealdade ou firmeza. Varios deses exemplos están escritos en coreano sijo (tres liñas de 3-4-3-4 ou a súa variación) ou en formato hanja de cinco sílabas (5-5-5-5 para un total de 20 sílabas) da poesía chinesa antiga (五言詩).

Yi Gae (이개·1417–1456) foi un dos "seis ministros martirizados" executados por conspirar para asasinar o Rei Sejo, quen lle usurpou o trono ao seu sobriño Danjong. Sejo ofreceu perdoar a seis ministros, incluídos Yi Gae e Seong Sam-mun, se se arrepentían do seu crime e aceptaban a súa lexitimidade, pero Yi Gae e todos os demais negáronse. Recitou o seguinte poema na súa cela antes da execución o 8 de xuño de 1456. No seguinte sijo, "Señor" (임) debería lerse "ser querido", o que significa o Rei Danjong neste caso.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Asakura, K. (2005). Jisatsu no shisō 自殺の思想 (Pensar o suicidio; en xaponés). Edicións Ōta. ISBN 978-4-87233-945-1. Hummel, A. W. (1943). T'an Ssŭ-t'ung. En Eminent Chinese of the Ch'ing Period (1644-1912). United States Government Printing Office. Li, W. (2014). Women and National Trauma in Late Imperial Chinese Literature (en inglés). Harvard University Press. . Yuan, X. (2017). An Outline of Chinese Literature II. Routledge. .

Outros artigos Funeral

Categoría:Literatura do Xapón Categoría:Literatura da China Categoría:Literatura en lingua chinesa Categoría:Literatura en lingua coreana Categoría:Literatura en lingua xaponesa Categoría:Xéneros de poesía