José de la Torre López, nado en Bueu cara a 1903 e finado na Ermida (Marcón, Pontevedra) o 25 de setembro de 1936, foi un carpinteiro e político galego.
Traxectoria Carpinteiro de ribeira que traballaba na praia de Beluso. Secretario do Partido Comunista de Bueu. Tivo relación con Rómulo Gallegos, que veraneou en Bueu. Na Segunda República logo da vitoria da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi nomeado membro da xestora municipal de Bueu, pero presentou un escrito de renuncia á súa acta de concelleiro.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na expedición que tentou acudir a Pontevedra na defensa da República, pero logo rexeitou esconderse. Foi detido o 8 de agosto, que e en setembro os gardas dixéronlle que quedaba libre para irse a casa. Obrigárono a ir pola rúa Pazos Fontenla, e agardaron por el á altura da Estacada. Apareceu morto na Ermida, en Marcón (Pontevedra), na estrada de Ponte Caldelas, cun disparo de arma de fogo que lle ocasionou destrución do cranio. Estaba procesado como un dos implicados no proceso de intento de voadura da ponte de Beireses, na causa 1363/36. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas O aparello represivo en Bueu Represaliados na defensa da liberdade
Categoría:Políticos do PCE Categoría:Concelleiros de Bueu Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Bueu
Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Carpinteiros