Pyrrhocorax é un xénero de aves paseriformes da familia dos córvidos, que inclúe dúas especies comunmente chamadas choias.choia, 1ª acep. no Dicionario da RAG.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1758 polo ornitólogo inglés Marmaduke Tunstall,Pyrrhocorax Tunstall, 1771 no GBIF.Pyrrhocorax Tunstall, 1771 na BioLib. na súa monumental obra Ornithologia Britannica, editada en Londres por J. Dixwell. (Título completo: Ornithologia Britannica: seu Avium omnium Britannicarum tam terrestrium, quam aquaticarum catalogus, sermone Latino, Anglico et Gallico redditus).
Etimoloxía O nome do xénero está formado pola unión dos elmentos Pyrrho- e -corax, ambos os dous derivados do grego antigo, πύρρος pýrros, "cor do lume", "vermello vivo", "vermello alaranxado", e κόραξ kórax, "corvo".Pyrrhocorax pyrrhocorax Linnaeus, 1758 en BTO. BirdFacts.πυρροκόραξ, en Liddell & Scott (1940): A Greek–English Lexicon. Oxford: Clarendon Press.πυρροκόραξ en Bailly, Anatole (1935): Le Grand Bailly: Dictionnaire grec-français. París: Hachette.
Especies O xénero comprende tan só dúas especies: Pyrrhocorax graculus (Linnaeus, 1766). Choia de bico amarelo. Pyrrhocorax pyrrhocorax (Linnaeus, 1766). Choia de bico vermello.
Notas taxonómicas O primeiro membro do xénero que se describiu foi a choia de pico vermello, nomeada como Upupa pyrrhocorax por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae en 1758. O seu xénero Upupa contiña especies que tiñan un pico longo curvo, e unha lingua curta e roma. Estas incluían o ibis eremita e a bubela, aves que agora se sabe que non están relacionadas coas choias.Linnaeus, C. (1758): Systema naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Tomus I. Editio decima, reformata. Holmiae: Laurentii Salvii, pp. 117–118. "Rostrum arcuatum, convexum, subcompressum. Lingua obtusa, integerrima, triquetra, brevissima".
A choia de bico amarelo foi descrita como Corvus graculus por Linneo na edición de 1766 do Systema Naturae.Linnaeus, C. (1766): Systema naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Tomus I. Editio duodecima. Holmiae: Laurentii Salvii, p. 158.</ref>
Aínda que Corvus é o xénero de córvidos ao que pertencen próximos parentes das choias, o ornitólogo inglés Marmaduke Tunstall considerou que eran o suficientemente distintos como para seren trasladados ao novo xénero, Pyrrhocorax, na súa Ornithologia Britannica de 1771.Tunstall, Marmaduke (1771): Ornithologia Britannica: seu Avium omnium Britannicarum tam terrestrium, quam aquaticarum catalogus, sermone Latino, Anglico et Gallico redditus. Londres: J. Dixwell, p. 2.
Distribución Esténdense por Europa, Asia e tamén por África. Ambas as especies están presentes en España.Madge, Steve & Burn, Hilary (1994): Crows and Jays: A Guide to the Crows, Jays and Magpies of the World. Londres: A & C Black, pp. 132–135. ISBN 0-7136-3999-7.
En Galicia En Galicia vive a choia de bico vermello.Cova das Choias en Galicia Máxica.
Características Son córvidos de cor negra, agás na súas patas e o seu peteiro, que son de cores direferntes. A cor do bico é a diferenza máis clara entre ambas as especies aínda que isto só é válido para os exemplares adultos.
Os novos de ambas as especies teñen un bico alaraxando que dificulta a súa distinción e débese recorrer a outros parámetros para diferencialos.
A choia de bico amarelo é unha ave de altura mentres que a de bico vermello vive en zonas máis baixas. Aínda así, existe unha zona de solapamento onde poden presentarse calquera das dúas especies.
A choia de bico amarelo é unha ave de altura mentres que a de bico vermello vive en zonas máis baixas. Aínda así, existe unha zona de solapamento onde poden presentarse calquera das dúas especies.
Ameazas Entre os depredadorres das choias figuran o falcón peregrino, a aguia real e o bufo real eurasiático, mentres que o corvo grande depreda as crías. No norte de España, as choias de bico vermello aniñan preferentemente preto de colonias de lagarteiro das torres; este pequeno falcón, que só come insectos, subministra un certo grao de protección contra os depredadores máis grandes, e as choias benefícianse en termos dun maior éxito reprodutivo.
A choia de bico vermello é ocasionalmente parasitada polo cuco real, un parasito de cría do que a pega é o hóspede principal.
As choias albergan pulgas de aves, incluíndo dúas especies de Frontopsylla que son especialistas en Pyrrhocorax.Rothschild, Miriam & Clay, Theresa (1953): Fleas, Flukes and Cuckoos. A study of bird parasites. London: Collins. pp. 89, 95. Outros parasitos rexistrados nas choias inclúen un cestodo, Choanotaenia pirinica, e varias especies de piollos mastigadores dos xéneros Brueelia, Menacanthus e Philopterus.
Atopáronse parasitos sanguíneos como o Plasmodium en choias de bico vermello, pero isto é pouco común e, ao parecer, fai pouco dano.Blanco, Guillermo; Merino, Santiago; Tella, Joseé Luis; Fargallo, Juan A; Gajon, A (1997). "Hematozoa in two populations of the threatened red-billed chough in Spain" (PDF). Journal of Wildlife Diseases. 33 (3): 642–5. doi:10.7589/0090-3558-33.3.642. PMID 9249715. S2CID 9353982. Archived from the original (PDF) on 2009-02-25.
Porén, os niveis de parasitismo son moito máis baixos que nalgúns outros grupos de paseriformes.Palinauskas, Vaidas; Markovets, Mikhail Yu; Kosarev, Vladislav V.; Efremov, Vladislav D.; Sokolov Leonid V. & Valkiûnas, Gediminas (2005): "Occurrence of avian haematozoa in Ekaterinburg and Irkutsk districts of Russia". Ekologija 4: 8–12.
Fósiles O rexistro fósil do Plistoceno de Europa inclúe unha forma similar á choia de bico amarelo, que ás veces é categorizada como unha subespecie extinta desa ave,Válóczi, Tibor (1999): "Vaskapu-barlang (Bükk-hegység) felső pleisztocén faunájának vizsgálata (Investigation of the Upper-Pleistocene fauna of Vaskapu-Cave (Bükk-mountain)). Folia Historico Naturalia Musei Matraensis 23: 79–96 (PDF). (En húngaro con resume en inglés).<ref>Mlíkovský, Jirí (2002): Cenozoic Birds of the World (Part 1: Europe) Ninox Press, Prague. (PDF) e unha forma antiga da choia de pico vermello, P. p. primigenius. Hai oito subespecies existentes xeralmente recoñecidas de choia de bico vermello e dúas de choia de bico vermello, aínda que todas difieren só lixeiramente nas subespecies citadas.Madge, Steve & Burn, Hilary (1994): Crows and Jays: A Guide to the Crows, Jays and Magpies of the World. Londres: A & C Black, pp. 132–135. ISBN 0-7136-3999-7. A maior diversidade de subespecies nas especies de bico vermello xorde dunha diverxencia temperá das razas etíopes e asiáticas, xeograficamente illadas das formas occidentais.
Filoxenia O parente máis próximo das choias, como indica un estudo da filoxenia molecular, é Temnurus temnurus, que forman un clado que é irmán dos membros vivos restantes dos córvidos.Ericson, P. G. P.; Jansen, A.-L.; Johansson, U. S. & Ekman, J. (2005): "Inter-generic relationships of the crows, jays, magpies and allied groups (Aves: Corvidae) based on nucleotide sequence data" (PDF) . J. Avian Biol. 36 (3): 222–234.Goodwin, Derek & Gillmor, Robert (1976): Crows of the world. London: British Museum (Natural History), p. 151. ISBN 0-5650-0771-8. As especies do xénero Pyrrhocorax diferéncianse de Corvus en que teñen os picos e as patas de cores brillantes, tarsos lisos e sen escamas e plumas nasais moi curtas e densas. As choias teñen unha plumaxe uniformemente negra, carecendo de áreas máis pálidas, como se observa nalgúns dos seus parentes.
Galería
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Lista de aves de Galicia
Categoría:Xéneros de aves Categoría:Córvidos