O fútbol é o deporte máis popular no Perú. miniatura|Logotipo da Federación Peruana de Fútbol
Historia
Foi introducido no país por inmigrantes británicos, peruanos que regresaban das Illas Británicas e por mariñeiros ingleses que chegaban ao porto do Callao a finais do século XIX, un dos máis importantes do océano Pacífico.https://sisbib.unmsm.edu.pe/BibVirtual/Tesis/Human/Alvarez_E_T/Cap2.htm
Aparición de clubs Durante o século XX aparecen novos clubs que se converteron nos máis importantes do país como Alianza Lima (Lima, 1901), Cienciano (Cuzco, 1901), FBC Melgar (Arequipa, 1915), o club da comunidade italiana Circolo Sportivo Italiano (Lima, 1917),https://dechalaca.com/efemerides/1917/100-anos-del-circolo-sportivo-italiano-el-circulo-mas-redondo Atlético Grau (Piura, 1919), Alianza Atletico (Sullana, 1920), Universitario de Deportes (Lima, 1924), Sport Boys (Callao, 1927),https://www.hotellimaq.com/blog/historia-del-sport-boys-del-callao/ e o Coronel Bolognesi (Tacna, 1929).https://dechalaca.com/informes/curiosidades/-bolo-es-uno-solo A primeira liga peruana de afeccionados (Escudo Dewar) foi disputada por clubs de Lima e El Callao entre 1912 e 1921. A Federación Peruana de Fútbol creouse en 1922 e comezou a organizar a nova liga de afeccionados en 1926.https://fpf.org.pe/miniatura|287x287px|Alianza Lima en 1933 En 1925, a Federación Peruana de Fútbol incorporouse á Confederación Suramericana de Fútbol (CONMEBOL), non obstante, a reestruturación da liga peruana impediu a creación dunha selección nacional de fútbol capaz de participar no Campionato Suramericano de 1925 ou no Campionato de 1926. Durante as décadas de 1920 e 1930, debido á gran demanda da habilidade dos seus xogadores, os clubs peruanos realizaron unha serie de xiras internacionais por América do Sur, visitando lugares como Colombia e Chile.
En 1929, o Perú xa contaba cunha selección nacional, formada polos mellores xogadores da liga local, coa que disputou o Campionato Suramericano de 1929.
O primeiro Mundial xogado O Mundial de 1930 foi unha experiencia interesante para todos os equipos participantes. No continente americano, Uruguai solicitou a axuda dos seus veciños para organizar o torneo. Aínda que invitou a todos os países, moitos negáronse a pagar a cantidade de diñeiro solicitada en apoio á organización. Non obstante, debido aos seus lazos de amizade, a Selección Peruana aceptaría a solicitude.
Esta primeira presentación peruana ante a selección romanesa estivo inzada de problemas: o lateral dereito da selección peruana, Mario de las Casas, chocou contra o dianteiro romanés Adalbert Steiner, rompendo a súa perna. No minuto 56 produciuse un enfrontamento entre os xogadores de ambos os equipos, que produciu a primeira expulsión da historia dos mundiais, cando o capitán peruano Plácido Galindo cometeu unha falta contra o dianteiro romanés László Raffinsky. Daquela sería o momento de xogar ante o Uruguai nun partido que inauguraba o Estadio Centenario, cuxo resultado foi favorable aos locais.
O primeiro título suramericano (1939) A selección peruana foi local no campionato suramericano de 1939, daquela Perú contaba con bos xogadores que un ano antes conseguiran facerse coa medalla de ouro nos Xogos Bolivarianos. Perú foi campión sen perder ningún partido, o goleador do campionato foi Teodoro Fernández.
1960-1970 Ata 1961 a selección peruana acadara 3 medallas de ouro nos Xogos Bolivarianos. En 1967, o Club Universitario de Deportes logrou chegar á semifinal da Copa Libertadores, primeira boa participación dun club peruano no torneo continental. A selección peruana clasificouse para o Mundial de 1970 tras eliminar a Bolivia e a Arxentina nun partido histórico no estadio Alberto J. Armando.
O primeiro partido do Mundial foi unha vitoria ante Bulgaria, catro días despois volverían gañar, esta vez contra Marrocos e no último partido perderon contra Alemaña. En cuartos enfrontáronse a Brasil, nun partido disputado caeron por 4-2.
Competencias
Liga peruana de fútbol A Liga Peruana de Fútbol ou Liga 1 Betsson por motivos de patrocinio, tamén chamada Campionato Nacional porque se xoga a nivel nacional, é a máxima competición de fútbol peruano.
Campións AnoCampión1912Lima Cricket FBC (1)1913Club Jorge Chávez (1)1914Lima Cricket FBC (2)1915Sport José Gálvez (1)1916Sport José Gálvez (2)1917Sport Juan Bielovucic (1)1918Sport Alianza (1)1919Sport Alianza (2)1920Sport Inca (1)1921Sport Progreso (1)1926Sport Progreso (2)1927Sport Alianza (3)1928Alianza Lima (4)1929Universitario de Deportes (1)1930Atlético Chalaco (1)1931Alianza Lima (5)1932Alianza Lima (6)1933Alianza Lima (7)1934Alianza Lima (8)1935Sport Boys (1)1937Sport Boys (2)1938Deportivo Municipal (1)1939Universitario de Deportes (2)1940Deportivo Municipal (2)1941Universitario de Deportes (3)1942Sport Boys (3)1943Deportivo Municipal (3)1944Mariscal Sucre (1)1945Universitario de Deportes (4)1946Universitario de Deportes (5)1947Atlético Chalaco (2)1948Alianza Lima (9)1949Universitario de Deportes (6)1950Deportivo Municipal (3)1951Sport Boys (4)1952Alianza Lima (9)1953Mariscal Sucre (2)1954Alianza Lima (10)1955Alianza Lima (11)1956Sporting Cristal (1)1957Centro Iqueño (1)1958Sport Boys (5)1959Universitario de Deportes (8)1960Universitario de Deportes (9)1961Sporting Cristal (2)1962Alianza Lima (12)1963Alianza Lima (13)1964Universitario de Deportes (10)1965Alianza Lima (14)1966Universitario de Deportes (11)1967Universitario de Deportes (12)1968Sporting Cristal (3)1969Universitario de Deportes (13)1970Sporting Cristal (4)1971Universitario de Deportes (14)1972Sporting Cristal (5)1973Defensor Lima (1)1974Universitario de Deportes (15)1975Alianza Lima (15)1976Unión Haral (1)1977Alianza Lima (16)1978Alianza Lima (17)1979Sporting Cristal (6)1980Sporting Cristal (7)1981FBC Melgar (1)1982Universitario de Deportes (16)1983Sporting Cristal (8)1984Sport Boys (6)1985Universitario de Deportes (17)1986Deportivo San Agustín (1)1987Universitario de Deportes (18)1988Sporting Cristal (9)1989Unión Huaral (2)1990Universitario de Deportes (19)1991Sporting Cristal (10)1992Universitario de Deportes (20)1993Universitario de Deportes (21)1994Sporting Cristal (11)1995Sporting Cristal (12)1996Sporting Cristal (13)1997Alianza Lima (18)1998Universitario de Deportes (22)1999Universitario de Deportes (23)2000Universitario de Deportes (24)2001Alianza Lima (19)2002Sporting Cristal (14)2003Alianza Lima (20)2004Alianza Lima (21)2005Sporting Cristal (15)2006Alianza Lima (23)2007Universidad San Martín (1)2008Universidad San Martín (2)2009Universitario de Deportes (24)2010Universidad San Martín (3)2011Juan Aurich (1)2012Sporting Cristal (16)2013Universitario de Deportes (25)2014Sporting Cristal (17)2015Melgar (2)2016Sporting Cristal (18)2017Alianza Lima (24)2018Sporting Cristal (19)2019Binacional (1)2020Sporting Cristal (20)2021Alianza Lima (25)2022Alianza Lima (26)
Segunda división peruana de fútbol A Segunda División Peruana de fútbol é unha competición profesional de fútbol peruana. É o segundo nivel da pirámide do fútbol peruano e serve de ascenso á Primeira división .
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Selección de fútbol do Perú Federación Peruana de Fútbol