A Chaira é un lugar da parroquia de Frontón no concello lucense de Pantón na comarca de Terra de Lemos. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 estaba deshabitado.
Historia
esquerda|miniatura|Capela da Chaira.
O lugar construíuse na década de 1940 para dar servizo aos traballadores da construción do encoro de Santo Estevo, no río Sil. En 1952 e 1953 serviu como destacamento penal, e chegou a acoller 85 presos.
Estivo habitado ata aproximadamente mediados da década de 1980. En 2020 foi un dos lugares de rodaxe do filme Live is Life (Daniel de la Torre, 2021). En 2026 estaba en fase de remodelación.
Notas
Lugares e parroquias Lugares de Frontón
Parroquias de Pantón
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Pantón
Categoría:Lugares de Pantón Categoría:Despoboados da provincia de Lugo