Katharine Juliet Ross, nada en Hollywood (California) o 29 de xaneiro de 1940, é unha actriz estadounidense.

Traxectoria Primeiros anos Katherine Ross naceu en Hollywood, California, en 1940, cando o seu pai Douley Ross estaba na mariña de guerra. O seu pai tamén traballou máis adiante para a axencia Associated Press. Durante a súa infancia, a súa familia instalouse en Walnut Creek (California), ao leste de San Francisco, e Ross graduouse na Las Lomas High School en 1957. Na súa mocidade gustáballe montar a cabalo e era amiga de Casey Tibbs, un xinete de rodeo.

Carreira profesional Katharine Ross estudou no Santa Rosa Junior College durante un ano, de 1957 a 1958, onde foi introducida no mundo da actuación nunha montaxe teatral do musical The King and I. Despois, retirouse do curso para mudarse a San Francisco, onde decidiu estudar interpretación e arte dramática. Máis tarde uniuse ao The Actors Workshop e estivo con eles tres anos, ata 1962, traballando como suplente e chegando a aparecer espida no escenario nunha obra de Jean Genet. En 1964 interpretou a Cordelia nunha representación de O rei Lear, dirixida por John Houseman. Mentres estaba co grupo comezou a actuar en series de televisión nos Ánxeles para poder gañar cartos extra. Despois trasladouse a Hollywood a petición da Metro-Goldwyn-Mayer e foi contratada por Universal Studios.

O seu primeiro papel na televisión foi en Sam Benedict, en 1962. Foi contratada polo axente Wally Hiller, e en 1964 apareceu en episodios de Arrest and Trial, O Virxiniano, Gunsmoke e The Alfred Hitchcock Hour (en 1963). Despois fixo unha proba de pantalla para o filme The Young Lovers, en 1964, e traballou na súa primeira longametraxe, Shenandoah, en 1965, ao que seguiu un papel protagonista xunto a James Garner en Mr. Buddwing, de MGM. En 1966, apareceu nun episodio da serie The Road West, de NBC.

Ese mesmo ano, comezou a protagonizar filmes de éxito. Despois apareceu nos populares O graduado, de 1967, interpretando a Elaine Robinson, e Butch Cassidy and the Sundance Kid, de 1969, encarnando a Etta Place. En 1967, participou na cerimonia de entrega dos premios Óscar para entregar o premio á mellor fotografía a Burnett Guffey, polo seu traballo no filme Bonnie e Clyde. Ademais, nesta edición dos premios, Ross era candidata ao Óscar á mellor actriz secundaria, premio que finalmente gañou Estelle Parsons. Tamén recibiu o Globo de Ouro á nova estrela do ano.

Na décaa de 1970, Ross tivo un papel protagonista en The Stepford Wives (1975), co que gañou un premio Saturn á mellor actriz e conseguiu o seu segundo Globo de Ouro polo seu traballo no drama Voyage of the Damned (1976). Outros papeis durante este período inclúen The Swarm (1978), The Legacy (1978) e The Final Countdown (1980). Ross apareceu en vairos telefilmes na década de 1980, como Murder in Texas (1981) e The Shadow Riders (1982), e tamén participou na serie televisiva The Colbys entre 1985 e 1987.

Ross pasou a maior parte da década de 1990 semirretirada, aínda que retornou cun papel no filme de culto de Richard Kelly Donnie Darko (2001). En 2016, prestou a súa voz para a serie animada American Dad! e en 2017 protagonizou a comedia dramática The Hero, xunto ao seu esposo, o actor Sam Elliott.

Vida persoal Ross casou en cinco ocasións. O seu primeiro matrimonio foi co actor Joel Fabiani, de 1960 a 1962. Despois estivo casada con John Marion, de 1964 a 1967.Story of love between Sam Elliott and Katherine Ross, who had 4 husbands before En 1969, casou co director de fotografía Conrad Hall, mais separáronse en 1973. Tamén estivo casada con Gaetano "Tom" Lisi, de 1975 a 1979.

Finalmente, en maio de 1984, contraeu matrimonio co actor Sam Elliott, e catro meses despois naceu a súa única filla, Cleo Rose Elliott.

Filmografía Ano Título Personaxe 1965 Shenandoah Ann Anderson 1965 Mister Buddwing Janet 1966 The Singing Nun Nicole Arlien 1967 The Longest Hundred Miles Laura Huntington 1967 GamesJennifer Montgomery 1967 O graduado Elaine Robinson 1968 Hellfighters Tish Buckman 1969 Butch Cassidy and the Sundance Kid Etta Place 1969 O val do fuxitivo Lola 1970 Fools Anais Appleton 1972 Get to Know Your Rabbit Nameless Woman 1972 They Only Kill Their Masters Kate Bingham 1974 Love and Chance Docteur Constance Weber 1975 The Stepford Wives Joanna Eberhart 1976 Voyage of the Damned Mira Houser 1976 Wanted: The Sundance Woman Etta Place / Mrs. Sundance /Annie Martin / Bonnie Doris 1978The Betsy Sally Hardeman 1978The Swarm Helena Anderson 1978 The Legacy Margaret Walsh 1979 Murder by Natural Causes Allison Sinclair 1980The Final Countdown Laurel Scott 1980 Rodeo Girl Sammy Garrett 1981 Murder in Texas Ann Kurth 1982 Wait Until Dark Suzy Hendrix 1982 Marian Rose White Nurse Bonnie MacNeil 1982 The Shadow Riders Kate Connery/Sister Katherine 1982 Wrong Is Right Sally Blake 1983 Travis McGee Gretel Howard 1983 Secrets of a Mother and Daughter Ava Price 1986 Red Headed Stranger Laurie 1991A Climate for Killing Grace Hines 1997 Home Before Dark Rose 2001 Donnie Darko Dr. Lilian Thurman 2002 Don't Let Go Charlene Stevens 2006 Eye of the Dolphin Lucy 2013 Wini + George Wini 2015 Slip, Tumble & Slide Charlene Stevens 2017 The Hero Valerie Hayden 2019 Attachments Eileen

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Perfil en TCM

Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Nados en 1940 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de California