Aidin Akanuli Aimbetov, nado en Kolkhoz (Kazakhstán) o 27 de xullo de 1972, é un astronauta kazako que formou parte das misións Soiuz TMA-16M e Soiuz TMA-18M.
Traxectoria Aimbetov graduouse en 1993 na Escola Superior de Aviación Pavel Kutakhov en Armavir. Tiña o grao de Maior na Forza Aérea de Kazakhstán e era comandante do escuadrón 21751 en Taldi-Kurgan cando foi seleccionado para voar ao espazo como parte dun acordo entre os gobernos ruso e kazako. Participou nas misións Soiuz TMA-16M e Soiuz TMA-18M, pasando un total de 9,83 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TMA-16M Soiuz TMA-18M
Categoría:Astronautas de Kazakhstán Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados en Kazakhstán