miniatura|Neochildia fusca, un membro dos Convolutidae (= Anaperidae) Os acelos (Acoela) son unha orde de invertebrados pequenos e simples do subfilo Acoelomorpha do filo Xenacoelomorpha, un grupo de bilaterais que se ramificou moi cedo na árbore evolutiva dos animais, que lembran a vermes planos. Historicamente foron tratados como unha orde de vermes planos turbelarios.

A etimoloxía de acelo (acoela) procede do grego antigo ἀ (a), alfa privativo, que expresa negación ou ausencia, e κοιλία, (koilia), que significa 'cavidade'. Isto refírese a que os acelos teñen unha estrutura corporal que carece dunha cavidade corporal chea de líquido.

Descrición Os acelos son vermes moi pequenos e aplanados, xeralmente de 2 mm de lonxitude, pero algunhas especies máis grandes, como Symsagittifera roscoffensis, poden acadar os 15 mm. Son simétricos bilateralmente e microscópicos.

Encóntranse por todo o mundo en augas mariñas e salobres e adoitan ter unha vida bentónica, aínda que algunhas especies son epibiontes.

Os membros da clase Acoela carecen dun tracto gastrointestinal convencional, polo que a boca se abre directlamente no mesénquima, é dicir, a capa de tecido que enche o seu corpo. A dixestión realízase por medio dun sincitio que forma un vacúolo arredor da comida inxerida. Este vacúolo dixestivo non está tapizado por células epiteliais, pero hai ás veces unha curta farinxe que vai da boca ao vacúolo. Todos os demais animais bilaterais (agás os vermes cestodos) teñen un intestino tapizado de células epiteliais. Como resultado, os acelos teñen un corpo sólido.

Como liñaxe basal dos animais bilaterais, os Acoela proporcionan unha interesante perspectiva da evolución dos animais máis inicial e do seu desenvolvemento. O animal estudado máis a fondo neste grupo é a especie Isodiametra pulchra. Os Acoela adoitaban clasificarse no filo Platyhelminthes. Porén, foron separados deste filo debido a análises moleculares que mostraron que diverxeran antes de se formasen os tres principais clados de animais bilaterais.

Taxonomía Na orde Acoela recoñécense os seguintes subtaxons:

Familia Actinoposthiidae Hooge, 2001 Familia Antigonariidae Dörjes, 1968 Familia Antroposthiidae Faubel, 1976 Familia Diopisthoporidae Westblad, 1940 Familia Nadinidae Dörjes, 1968 Familia Paratomellidae Dörjes, 1966 Familia Taurididae Kostenko, 1989 Suborde Bursalia Jondelius et al., 2011 Infraorde Crucimusculata Jondelius et al., 2011 Familia Dakuidae Hooge, 2003 Familia Isodiametridae Hooge & Tyler, 2005 Familia Otocelididae Westblad, 1948 Familia Proporidae Graff, 1882 Superfamilia Aberrantospermata Jondelius et al., 2011 Familia Convolutidae Graff, 1905 Familia Mecynostomidae Dörjes, 1968 Infraorde Prosopharyngida Jondelius et al., 2011 Familia Hallangiidae Westblad, 1946 Familia Hofsteniidae Bock, 1923 Familia Solenofilomorphidae Dörjes, 1968

Notas

Categoría:Acelomorfos