Aleksandr Pavlovich Aleksandrov, nado en Moscova o 20 de febreiro de 1943, foi un cosmonauta soviético retirado que formou parte das misións Soiuz T-9 e Soiuz TM-3.
Traxectoria Aleksandrov graduouse no Instituto Bauman de Moscova en 1969 cun doutoramento en sistemas de control de naves espaciais. Entre 1993 e 1996 foi xefe do grupo de cosmonautas de NPO Energia. A partir de 1996 foi xefe da dirección de voos de proba de RKK Energia. Participou nas misións Soiuz T-9 á estación espacial Saliut 7 e Soiuz TM-3 á estación Mir, pasando un total de 309,75 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz T-9 Soiuz TM-3
Categoría:Astronautas da Unión Soviética Categoría:Nados en 1943 Categoría:Nados en Moscova