O motor foguete Altair 1, tamén coñecido como Caleb-2 e X-248, foi un motor de propelente sólido desenvolvido por Thiokol. Tiña un impulso específico de 256 segundos (233 s a nivel do mar), cun pulo de 12,40 KN e unha masa de 30 kg baleiro. Medía 0,46 m de diámetro e 1,83 m de altura, funcionando durante 38 segundos. Foi usado como última etapa dos foguetes Atlas-Able, Blue Scout II, Delta A, Delta B e Delta C.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Atlas-Able Blue Scout II Delta A Delta B Delta C

Categoría:Motores foguete