Simone Assemani, nado en Roma o 19 de febreiro de 1752 e finado en Padua o 7 de abril de 1821, foi un numismático e orientalista Italiano de orixe libanesa.
Traxectoria
Orixe familiar Assemani é o apelido dunha ilustre familia maronita do Líbano, catro de cuxos membros, todos eles cregos, se distinguiron pola súa erudición durante o século XVIII en Oriente e en Europa.Oussani, G. (1907-1912).
Un deles foi Simone Assemani, nado en Roma o 19 de febreiro de 1852, fillo de nai italiana, chamada Marta Maria Devoti, e de pai libanés maronita, chamado Elia Antonio Assemani.Canini, E. (2021). Simone era sobriño neto do tamén orientalista Giuseppe Simone Assemani.Levi della Vida, G. (1962). Zabeo, G. P. (1821). Páxina 144.
Carreira como erudito Cursou estudos de Teoloxía na Universidade La Sapienza de Roma e recibiu a orde sacerdotal polo rito latino, en lugar do maronita. Logo pasou varios anos de ministerio en Siria e Exipto.
De volta en Europa en 1778, regresou a Roma e a Xénova, coa intención de viaxar a América, aínda que non llo permitiron. Logo viaxou a Alemaña e a Austria, onde traballou na Biblioteca Imperial de Viena.
En 1875 exerceu como profesor de linguas orientais no Seminario Maior de Padua, e en 1807 encomendóuselle o ensino das linguas orientais das Sagradas Escrituras na Universidade de Padua,Zabeo, G. P. (1821). Páxina 145. actividade que mantivo ata a súa morte en 1821.
Simone Assemani foi académico xubilado da Real Academia Imperial das Letras e as Artes de Padua.
Morreu en Padua o 7 de abril de 1821.
Publicacións
Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables de Simone Assemani:"Assemani, Simone 1752-1821". WorldCat Identities.
Numismática
(1787-1788). Museo Cufico Naniano. Parte I (1787); Parte II (1788). Padua. (1809). Supra le monete Arabe effigiate. Padua. (1818). Spiegazione di due rarissime medaglie cufiche della famiglia degli Ommiadi appartenenti al Museo Majnoni in Milano. Milán. (1820). Descrizione di alcune monete cufiche del museo di Stefano Mainoni. Milán.
Orientalismo
(1787). Saggio sull'origine culto letteratura e costumi degli arabi avanti il pseudoprofeta Maometto. Padua. (1787-1792). Catalogo dei codici manoscritti orientali della Biblioteca Naniana. Parte I (1787); Parte II (1792). Padua. (1790). Globus Caelestis Cufico-Arabicus Veliterni Musei Borgiani. Padua. (1803). Trattato intorno al santo sacrificio della messa. Padua. (1804). Illustrazione della patena mistica creduta di S. Pier Grisologo la quale si conserva nella chiesa cattedrale d'Imola. Padua. (1807). Se gli Arabi ebbero alcuna influenza sull' origine della poesia moderna in Europa. Padua.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Canini, E. (2021). "Simone Assemani: la Sacra Scrittura e le lingue orientali". En Periodico Daily. 19 de febreiro. Contadini, A. (1989). "Simone Assemani, professore di lingue orientali a Padova". En Gallotta, A.; Marazzi, U. (Hrsg.). La Conoscenza dell'Asia e dell'Africa in Italia nei secoli XVIII e XIX3, 1. Istituto Universitario Orientale, Nápoles. Páxinas 209-245. Levi della Vida, G. (1962). "Assemani, Simone". En Dizionario biografico degli Italiani. Vol. 4. Oussani, G. (1907-1912) "Assemani. Illustrious Maronite family of Mount Lebanon, Syria". En Catholic Encyclopedia (Catholic.com). Pontani, A. (2013). "Nuovi contributi all'archivio di Simone Assemani (1752-1821): la biografia e il carteggio con Giovanni Cristofano Amaduzzi". En Quaderni per la storia dell'Università di Padova, 46. Páxinas 61-104. Zabeo, G. P. (1821). "Assemani Simone". En Prospetto delle letture … del cesareo-regio istituto di scienze, lettere ed arti... Bettoni, Padua. Páxinas 144-147.
Categoría:Nados en 1752 Categoría:Finados en 1821 Categoría:Nados en Roma Categoría:Numismáticos de Italia Categoría:Escritores en lingua latina Categoría:Escritores de Italia Categoría:Orientalistas Categoría:Sacerdotes católicos de Italia Categoría:Sacerdotes católicos do século XVIII Categoría:Sacerdotes católicos do século XIX Categoría:Alumnos da Universidade Sapienza de Roma Categoría:Profesores da Universidade de Padua