Os nefrozoos (Nephrozoa) son un dos grandes clados en que se dividiron os animais bilaterais, subdividido en protóstomos e deuteróstomos, que contén case todos os filos de animais con aproximadamente un millón de especies. O seu clado irmán é o dos Xenacoelomorpha. Os Ambulacraria (convencionalmente deuteróstomos) eran antes considerados un grupo irmán dos Xenacoelomorpha, formando os Xenambulacraria como Deuteróstomos basais ou Bilateria basais, o que invalidaba os Nephrozoa e os Deuteróstomos en previos estudos. O celoma, o tracto dixestivo, os órganos excretores (nefridios), e os cordóns nerviosos están desenvolvidos nos Nephrozoa. Argumentouse que, debido a que os protonefridios só se atopan nos protóstomos, non poden considerarse como unha sinapomorfía deste grupo. Isto faría que Nephrozoa fose un nome inapropiado, quedando Eubilateria como nome deste clado.

Os cordados (que inclúen todos os vertebrados) son deuteróstomos. Parece moi probable que o fósil de hai 555 millóns de anos Kimberella fose un protóstomo. Fedonkin, M.A.; Simonetta, A; Ivantsov, A.Y. (2007), "New data on Kimberella, the Vendian mollusc-like organism (White sea region, Russia): palaeoecological and evolutionary implications", in Vickers-Rich, Patricia; Komarower, Patricia (eds.), The Rise and Fall of the Ediacaran Biota, Special publications, vol. 286, Londres: Geological Society, pp. 157–179, doi:10.1144/SP286.12, ISBN 9781862392335, OCLC 156823511 De ser así, isto significa que as liñaxes dos protóstomos e os deuteróstomos deberon de separarse algún tempo antes de que aparecese Kimberella, polo menos hai 558 millóns de anos e, por tanto, bastante antes do comezo do Cámbrico hai 538,8 millóns de anos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Bilaterais