O Boeing B-17 Flying Fortress (fortaleza voante) foi un famoso bombardeiro pesado cuadrimotor da segunda guerra mundial. Foi desenvolvido nos anos 30 para o Corpo Aéreo do Exército dos Estados Unidos (USAAC). Fabricouse dende 1935 e operou principalmente coa forza aérea do exército dos Estados Unidos (USAAF) e a RAF de Gran Bretaña.
O B-17 era un bombardeiro rápido e que voaba a moita altura para a súa época e usouse principalmente no teatro europeo, lanzando máis bombas que calquera outro avión durante o conflito. Trátase do terceiro bombardeiro máis fabricado da historia, tras o cuadrimotor estadounidense Consolidated B-24 Liberator e o multipropósito bimotor alemán Junkers Ju 88. Tamén foi empregado como transporte, avión antisubmarino, controlador de drons e avión de busca e rescate.
Efectuou milleiros de misións cos Aliados durante a guerra, sobre todo en Europa aínda que tamén tomou parte na campaña do Pacífico, demostrando ser un dos máis fiables bombardeiros da contenda xunto co Consolidated B-24 Liberator. As últimas versións deste bombardeiro estaban armadas con 13 metralladoras de 12,7 mm e podían cargar case 8.000 kg de bombas (dependendo do modelo).
En febreiro de 2024 quedaban 6 unidades en condición de voo, aínda que ningún deles voara en combate. Ducias deles están almacenados ou en exposicións estáticas, sendo o máis vello The Swoose, un B-17D que voou en combate no Pacífico no primeiro día da implicación dos Estados Unidos na segunda guerra mundial.Angelucci e Matricardi 1988, p. 46
Historia
Orixes O 8 de agosto de 1934, a USAAC presentou unha proposta para un bombardeiro multimotor para substituír o Martin B-10. O Corpo Aéreo buscaba un bombardeiro capaz de reforzar as forzas aéreas en Hawai, Panamá e Alasca.Tate 1998, p. 164 Os requisitos eran que levase unha "carga útil" a unha altitude de 10 000 pés (3 000 m) durante 10 horas cunha velocidade máxima de polo menos 320 km/h.Swanborough e Bowers 1963, p. 74 miniatura|250x250px|Boeing Model 299 NX13372 Tamén desexaban, pero non esixían, un bombardeiro cun alcance de 3 200 km e unha velocidade de 400 km/h. A competición para o contrato co Corpo Aéreo decidiríase nun "fly-off" entre o deseño de Boeing, o Douglas DB-1, e o Martin Model 146 no aeródromo Wilbur Wright Field en Dayton, Ohio.
O prototipo do B-17, coa designación de fábrica Model 299, foi deseñado por un equipo de enxeñeiros liderado por E. Gifford Emery e Edward Curtis Wells, e foi construído pagando Boeing os gastos.Hess e Winchester 1997, p. 41 Combinaba características do bombardeiro experimental da compañía XB-15 e do transporte 247. O armamento do B-17 estaba formado por cinco metralladoras de 7,62 mm, cunha carga útil de ata 2 200 kg de bombas. O aparello estaba impulsado por catro motores radiais Pratt & Whitney R-1690 Hornet, producindo cada un deles 750 cabalos de potencia.Bowers 1989, pp. 291-92
O primeiro voo do Model 299 foi o 28 de xullo de 1935 co piloto xefe de probas de Boeing Leslie Tower aos mandos.Salecker 2001, p. 46 No seguinte día, Richard Williams, un reporteiro de The Seattle Times, cuñou o nome "Flying Fortress" tras observar o gran número de metralladoras na nova aeronave e describila como unha "fortaleza voante de 15 toneladas" nun pé de imaxe.Freeman 1993, p. 8 A montaxe máis distintiva estaba no morro, que permitía disparar a única metralladora cara a case todos os ángulos frontais."Army's Biggest Bomber Has Rotating Nose". Popular Science Monthly, August 1937.
Boeing non tardou en ver o valor do nome e fíxoo rexistrar para o seu uso. Boeing tamén afirmou nalgúns dos primeiros comunicados de prensa que o Modelo 299 era o primeiro avión de combate que podería continuar coa súa misión se un dos seus catro motores fallaba."Giant Bomber Flies Four Miles Per Minute". Popular Mechanics, October 1935. O 20 de agosto de 1935 o prototipo voou dende Seattle ata Wright Field en 9 horas e 3 minutos, cunha velocidade media de 406 km/h, moito máis rápido que os seus competidores.
Na proba de voo, o rendemento do cuadrimotor de Boeing foi superior ao dos bimotores DB-1 e Model 146. En marzo de 1935, o xefe de Estado Maior do Exército, o xeneral Douglas MacArthur, creara a GHQ Air Force e promovera ao tenente coronel Frank Maxwell Andrews a brigadier xeneral para converterse no xefa da GHQ Air Force. MacArthur e Andrews crían que as capacidades dos grandes avións de catro motores superaban as dos avións bimotores de menor alcance e que o B-17 era máis adecuado para a nova doutrina emerxente da USAAC.Zamzow 2008, p. 33 As súas opinións eran compartidas polos oficiais de adquisición do corpo aéreo, e mesmo antes de que a competición rematara, suxeriron a compra de 65 B-17.Tate 1998, p. 165Zamzow 2008, p. 34 miniatura|250x250px|Boeing Model 299 accidentado O 30 de outubro de 1935, planificouse un voo de proba para determinar a taxa de ascenso e o teito de servizo. O piloto ao mando era o maior Ployer Peter Hill, sendo o seu primeiro voo no Model 299. O copiloto era o tenente Donald Putt, mentres que o piloto xefe de Boeing Leslie R. Tower estaba detrás deles en función de asesoramento. A bordo tamén estaban o observador de probas do Wright Field John Cutting e o mecánico Mark Koegler. Traxicamente, o avión entrou en perda e caiu ao chan pouco despois de engalar, estoupando en chamas. Aínda que inicialmente sobreviviron ao impacto, Hill norreu ás poucas horas, e Tower o 19 de novembro. Entrevistas con Tower e Putt tras o accidente determinaron que o bloqueo da superficie de control non fora retirado. Doyle sinala, "A perda de Hill e Tower, e do Modelo 299, foi directamente responsable da creación da moderna lista de verificación escrita utilizada polos pilotos ata hoxe".
O Modelo 299 accidentado non puido rematar a avaliación, polo que o descualificou da competición. Aínda que o Corpo Aéreo aínda estaba entusiasmado co potencial da aeronave, os oficiais do exército estaban desanimados polo seu custo;Salecker 2001, p. 48 Douglas falou dun prezo unitario de 58 200 dólares (equivalentes a 982 000 en 2022) baseándose nun pedido de produción de 220 aparellos, en comparación cos 99 620 (1 682 000 dólares en 2022 ) de Boeing.Francillon 1979, pp. 201-02 O sucesor de MacArthur, o Xefe de Estado Maior do Exército Malin Craig, cancelou o pedido de 65 YB-17 e pediu 133 bimotores Douglas B-18 Bolo no seu lugar. O Secretario de Guerra Harry Hines Woodring decidiu en outubro de 1938 que ningún bombardeiro de catro motores, incluídos os B-17, sería adquirido polo Departamento de Guerra en 1939.
Primeiros pedidos A pesar do accidente, o USAAC quedou impresionado polo rendemento do prototipo e o 17 de xaneiro de 1936, a través dunha brecha legal, pediu 13 YB-17 (designados Y1B-17 despois de novembro de 1936 para indicar o seu financiamento especial F-1) para probas de servizo. O YB-17 incorporaba un gran número de cambios con respecto ao Model 299, incluídos motores Wright R-1820-39 Cyclone máis potentes. Aínda que o prototipo era propiedade da compañía e nunca recibiu un número de serie militar (a propia designación B-17 non apareceu oficialmente ata xaneiro de 1936, case tres meses despois de que o prototipo se esnafrase),Bowers 1976, p. 12 e o termo "XB-17" foi aplicado retroactivamente á fuselaxe NX13372 e entrou no léxico para describir o primeiro Flying Fortress.
Entre o 1 de marzo e o 4 de agosto de 1937 entregáronse 12 dos13 Y1B-17 ao 2º Grupo de Bombardeo en Langley Field, Virxinia, para o desenvolvemento operativo e as probas de voo.Swanborough e Bowers 1963, p. 75 Unha suxestión adoptada foi o uso dunha lista de comprobación anterior ao voo para evitar accidentes como o que aconteceu co Model 299. Nunha das súas primeiras misións, tres B-17, dirixidos polo navegante líder tenente Curtis LeMay, foron enviados polo xeneral Andrews para "interceptar" e fotografar o transatlántico italiano Rex a 610 millas (980 km) da costa atlántica.Zamzow 2008, p. 47 A misión foi un éxito e foi amplamente publicitada.Maurer 1987, pp. 406-08 O 13º Y1B-17 foi entregado á División de Material de Wright Field, Ohio, para ser usado para probas de voo.miniatura|250x250px|Y1B-17 en voo Un 14º Y1B-17 (37-369), orixinalmente construído para probas de resistencia da célula en terra, foi actualizado por Boeing con turbocompresores General Electric accionados polos gases de escape, e designado Y1B-17A. Cun deseño de Sanford Moss, os gases de escape do motor facían virar as palas de aliaxe de aceiro da turbina, forzando aire de alta presión no sobrealimentador do motor Wright Cyclone GR-1820-39. Programado para voar en 1937, tivo problemas cos turbocompresores e o seu primeiro voo atrasouse ata o 29 de abril de 1938.Donald 1997, p. 155 O avión foi entregado ao Exército o 31 de xaneiro de 1939.Bowers 1989, pp. 293-94 Unha vez realizadas as probas de servizo, os Y1B-17s e o Y1B-17A foron redesignados B-17 e B-17A, respectivamente, para indicar o cambio a un status operacional.Wixley 1998, p. 23 O Y1B-17A tiña unha velocidade máxima de 501 km/h na súa mellor altitude operacional, en comparación cos 385 km/h do Y1B-17. Ademais, o novo teito de servizo do Y1B-17A era 3,2 km maior, situándose nos 12 000 m. Os seus turbocompresores incorporáronse despois ao B-17B.Caidin, Martin (1968). Flying Forts: The B-17 in World War II. New York: Bantam Books. pp. 80, 95-99. ISBN 9780553287806
A oposición ás ambicións do Corpo Aéreo de marcar máis B-17 desapareceu, e a finais de 1937 pedíronse 10 aparellos máis, designados B-17B, para equipar dous grupos de bombardeo, un en cada costa estadounidense. Mellorados con flaps e temón máis grandes e un morro de plexiglás de 10 paneis ben enmarcado, os B-17B foron entregados en cinco pequenos lotes entre xullo de 1939 e marzo de 1940. En xullo de 1940 emitiuse un pedido por 512 B-17,Ethell, Jeff. "Our Still-Flying Fortress". Popular Mechanics, Volume 162, número 1, xaneiro de 1985, pp. 124-29 pero no momento do ataque a Pearl Harbor menos de 200 estaban en servizo co exército.
Un total de 155 B-17 de todas as variantes foran entregados entre o 11 de xaneiro de 1937 e o 30 de novembro de 1941, pero a produción acelerouse rapidamente, conseguindo o B-17 o récord da taxa máis alta de fabricación para un avións grande. A aeronave chegaría a operar en todos os teatros da segunda guerra mundial, e cando rematou a súa fabricación en maio de 1945, 12 731 B-17 foran construídos por Boeing, Douglas e Vega (unha subsidiaria de Lockheed).
Produción en masa A primeira versión en producirse masivamente foi a B-17E, da que se fabricaron 512 unidades. Incorporaba a novidade de dúas torretas con dobres metralladoras Browning M2 de 12,7 mm, unha en posición dorsal e outra en posición ventral. As primeiras 113 unidades levaron na posición ventral unha torreta comandada a control remoto, pero como esta revelou ser ineficaz, foi substituída por unha torreta Sperry en forma de burbulla, que o artilleiro operaba manualmente con manivelas e pedais; requiríase ser de tamaño moi pequeno para situarse alí, en posición fetal. Toda a parte traseira da fuselaxe foi redeseñada para solucionar un problema de "zona cega", incorporándose na cola outra torreta con dúas metralladoras, o que prolongou a fuselaxe en case dous metros. Aumentouse a capacidade de carga de bombas e de combustible, co que o modelo resultaba algo máis lento e pesado que o seu predecesor, pero moito mellor defendido. A primeira unidade voou o 5 de setembro de 1941, e a última saíu da fábrica de Boeing o 28 de maio de 1942. Debido ao aumento das posicións de defensa, a tripulación do B-17E era de dez homes: piloto, copiloto, bombardeiro, navegante, enxeñeiro de voo, radiooperador, artilleiro de cola, artilleiro ventral e dous artilleiros laterais. A metralladora frontal era operada normalmente polo navegante ou o bombardeiro cando non estaban dedicados ás súas tarefas específicas, e a torreta dorsal era operada usualmente polo enxeñeiro de voo. miniatura|200px|Lockheed Vega B-17F