AMOS 5 é un satélite de comunicacións israelí lanzado o 11 de decembro de 2011 mediante un foguete Proton M Briz-M desde o cosmódromo de Baikonur xunto co satélite Luch 5A.

Características AMOS 5 ten unha masa de 1972 kg e leva a bordo 16 transpondedores en banda Ku e 18 en banda C. Usa o bus Ekspress-1000N. Despois do lanzamento o satélite sufriu un problema no seu sistema de enerxía, afectando tamén ao sistema de propulsión. O 21 de novembro de 2015 perdeuse contacto co satélite por razóns descoñecidas, sen que se chegase a retomar o contacto e dándose por perdido. Foi substituído por AMOS 17.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos AMOS 1 AMOS 2 AMOS 3 AMOS 4

Categoría:Satélites artificiais