John Daniel Orna-Ornstein, nado en xuño de 1972"John Daniel Orna-Ornstein - London - Director of Curation and Experience". Checkcompany.co.uk, é un museólogo e numismático británico.
Traxectoria Orna-Ornstein estudou Arqueoloxía no University College London entre 1991 e 1994."John Orna-Ornstein". UK.Likedin.com
A súa carreira profesional comezou en xuño de 1994 no Museo Británico, onde desempeñou diversos labores, entre eles o de conservador no Departamento de Moedas e Medallas,"John Orna-Ornstein". The British Museum. e o de coordinador do traballo nacional do museo e das súas asociacións en Londres.Murphy, A. (2017). "National Trust appoints John Orna-Ornstein as Director of Curation and Experience". En Museums + Heritage Advisor. 24 de febreiro.
Logo ingresou no Consello das Artes de Inglaterra,"John Orna-Ornstein to leave Arts Council England | Museums Association". www.museumsassociation.org onde en 2013 foi nomeado director nacional de Museos e director rexional de Arte e Cultura no Leste de Inglaterra. Desde estes postos apoiou o desenvolvemento dos musos rexionais.
En xuño de 2017, Orna-Ornstein ingresou na xunta executiva da entidade de conservación do patrimonio National Trust, para ocupar o novo posto de director de Conservación e Experiencia."Distinguished friends: John Orna-Ornstein". Migrationmuseum.org
Recoñecementos
(1994): Premio Parkes Weber, da Royal Numismatic Society, de Londres."The Parkes Weber Prize". The Royal Numismatic Society."Medals and Prizes of the Society". En The Numismatic Chronicle. Vol. 165. Royal Numismatic Society.Páxina iii. (1997): Premio Lhotka, da Royal Numismatic Society, de Londres."The Lhotka Memorial Prize". The Royal Numismatic Society.
Publicacións Estes son os principais traballos monográficos publicados por John Orna-Ornstein:"Orna-Ornstein, John". WorldCat Identities.
(1997). Coin hoards from Roman Britain (con R. Bland). British Museum Press, Londres. ISBN 9780714108872 (1998). The Story of Money. British Museum Press, Londres. ISBN 9780714108926 (2001). Development and evaluation of the HSBC Money Gallery at the British Museum. British Museum Press, Londres. ISBN 9780861591305 (2002): Archaeology: Discovering the Past. Oxford University Press. ISBN 978-0195219098
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
John Orna-Ornstein en Tweeter
Categoría:Nados en 1972 Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Galardoados co premio Parkes Weber Categoría:Galardoados co premio Lhotka Categoría:Persoas relacionadas co Museo Británico Categoría:Alumnos do University College London Categoría:Personalidades sen imaxes