miniatura|250px|dereita|Dous hippies no Festival de Woodstock en 1968. O Festival de Música e Artes de Woodstock foi o festival máis importante de rock and roll da súa época. Celebrouse nunha leira en Bethel, Nova York, durante os días 15, 16 e 17 de agosto de 1969. Aínda que foi proxectado para 60.000 persoas, asistiron arredor de 400.000, a maioría das cales non pagou a entrada.
Historia Todo o evento provocou un gran balbordo, coa conxestión das estradas próximas e a consideración de Bethel como "área de calamidade pública". O Festival de Woodstock representou un fito no movemento de contracultura dos anos 60, e marcou o auxe da era hippy.
Deu nome ó documental Woodstock, producido por Michael Wadleigh en 1970, que gañou un Óscar ao Mellor Documental no ano seguinte.
O festival O festival coñécese polo nome de Woodstock porque era na vila de Woodstock, tamén en Nova York, onde se ía celebrar nun principio. Porén, a vila non ofrecía un espazo que puidese albergar tanta xente. Procurouse outra localización en Wallkill, mais houbo de cancelarse debido á oposición local. Sam Yasgur persuadiu ó seu pai para que permitise que se celebrase no seu campo de alfalfa no Condado de Sullivan, a uns 60 km ao suroeste de Woodstock.
Coas estradas ateigadas de coches, moitos asistentes camiñaron varios quilómetros até chegar á zona de concertos. Choveu durante a fin de semana, os servizos víronse saturados e a xente compartiu xantar, bebida e drogas. Houbo tres mortos: un dunha sobredose de heroína, outro atropelado por un tractor mentres durmía nun campo, e outro por mor dunha caída.
O mito Woodstock foi idealizado na cultura popular norteamericana como a culminación do movemento hippy: un festival "gratuíto" ao que medio millón de mozos acudiron para celebrar a paz e o amor. Lémbrase especialmente o sentido de harmonía social, a calidade da música, a enorme masa de asistentes e o ambiente, que reflectía as aspiracións dunha época.
Artistas que se presentaron en Woodstock Venres, 15 de agosto O festival abriu oficialmente ás 17 horas con Richie Havens. Este día presentáronse actuacións máis leves, traendo a maior parte dos artistas folck que participaron. Richie Havens, abrindo coa súa guitarra de doce cordas e "High Flyin' Bird". Country Joe and the Fish, actuación de cinco cancións incluíndo "Janis" e "I-Feel-Like-I'm-Fixin'-to-Die Rag" John Sebastian, non convidado oficialmente, mais atopado vagando no medio do público e chamado a participar Incredible String Band: "Catty Come", "This Moment Is Different" e "When You Find Out Who You Are" Sweetwater, con "Motherless Child", "What's Wrong" e "Why Oh Why" Bert Sommer, con "Jennifer", "She's Gone", "Things Are Going My Way" e "Smile" Tim Hardin, "If I Were A Carpenter" Ravi Shankar, cun repertorio de cinco cancións, foi forzado a saír debido á choiva Melanie, "Beautiful People" e "Birthday of the Sun" Arlo Guthrie, "Coming Into Los Angeles", "Walking Down The Line" e "Amazing Grace" Joan Baez, concluindo unha actuación de cinco cancións con "We Shall Overcome"
Sábado, 16 de agosto As actuacións comezaron ás 12:15 do mediodía, e trouxo os principais artistas psicodélicos e de rock do festival.
Quill, con "Waitin' For You" Santana: "Persuasion" e "Soul Sacrifice" Canned Heat, con "A Change Is Gonna Come" e "Going Up The Country" Mountain, que actuaron unha hora Janis Joplin, repertorio de dez cancións, incluíndo "Piece of My Heart" Sly & the Family Stone comezou ás 1:30 da mañá, con cancións como "Everyday People", "Dance To The Music", "Music Lover", e "Higher" Grateful Dead: "St Stephen", "Mama Tried", "Dark Star/High Time" e "Turn On Your Lovelight" Creedence Clearwater Revival, presentando "Born On The Bayou", "Bad Moon Rising" e "Suzy Q" The Who, comezou ás 3:00 da mañá do domingo, presentando unha longa actuación que incluía "Pinball Wizard" e "My Generation" Jefferson Airplane comezou ás 8:00 da mañá, fechando a xornada de sábado con "White Rabbit".
Domingo, 17 de agosto Os concertos comezaron ás 14 horas con Joe Cocker. Os eventos deste día acabarían atrasando a axenda do festival en nove horas, e no solpor o concerto aínda continuaba a pesar de que a maior parte do público xa marchara.
Joe Cocker, comezou con "Delta Lady", "With A Little Help From My Friends" e outras cancións Despois da actuación de Joe Cocker caeu unha forte tromba de auga, atrasando o festival Country Joe and the Fish terminou a súa actuación aproximadamente ás 18:00 horas Ten Years After, presentando catro cancións, incluíndo "I'm Going Home" The Band, con dez cancións Blood, Sweat & Tears entrando na madrugada con cinco cancións, incluíndo "Spinning Wheel" Johnny Winter presentando "Tobacco Road" e Edgar Winter Crosby, Stills, Nash & Young, comezando aproximadamente ás 3:00 da mañá do luns, con temas acústicos e eléctricos por separado Paul Butterfield Blues Band, con cinco cancións, incluíndo "Everything's Gonna Be Alright" Sha-Na-Na, incluíndo "Who Wrote The Book of Love" e "Duke of Earl" Jimi Hendrix, que debería fechar o festival á media-noite, comezou ás 9:00 da mañá. Tocou dezaseis temas, finalizando con "Hey Joe".
Outras edicións Para conmemorar os 25 anos do superevento, 250.000 persoas reuníronse no Woodstock 94, en Saugerties, a 135 km de Nova York. Pagaron 135 dólares para oír a corenta grupos de rock. Outra edición celebrouse en 1999, rexistrando altos índices de violencia. O evento mostrouse economicamente inviábel e foi a última tentativa, fracasada, de revivir o mito de "paz e amor" do Woodstock orixinal.
Véxase tamén
Ligazóns externas www.woodstock69.com
Categoría:Festivais de música Categoría:Festivais de música nos Estados Unidos de América Categoría:Rock and roll