Santa María de Cenlle é unha parroquia do concello de Cenlle, provincia de Ourense. Segundo o IGE, en 2022 tiña 239 habitantes (112 mulleres e 127 homes), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 339 habitantes. O curato é de entrada e provisión ordinaria.
Xeografía Está situada nun outeiro no centro do concello lindando polo norte con San Fiz de Navío, ao leste con Razamonde e Vilar de Rei, ao sur con Sadurnín e ao oeste con San Lourenzo da Pena. O terreo é pedregoso dominado polo monte Barazal dende o cal se divisa case todo o partido xudicial de Ribadavia e parte do do Carballiño.
Patrimonio No monte Barazal existe unha ermida de San Breixo e na praza do mesmo nome atopábase a casa chamada A Tenencia, que era do Cabido de Ourense, con 1.800 xornais de terra, lugar onde recollía os froitos que anualmente recollía en concepto de foros e rendas. Tamén existe unha capela de San Bieito de propiedade particular.
Nesta parroquia existían dous escudos hoxe desaparecidos e un "cemiterio de brasóns", que alude aos apelidos Pallarés e Piñeiro. Leva unha man portando un feixe de espigas, un castelo e un piñeiro.
Tamén había unha amea que se atopaba na entrada dunha casa, que con dous mais iguais, facían un conxunto do portalón da casa e que puideran corresponder co apelido Deza, dado que cada un leva unha flor de lis. Atópase na actualidade en mans dun anticuario.
Festas Celébranse as súas festas patronais o día da Asunción, o 14, 15 e 16 de agosto.
Lugares e parroquias Lugares de Cenlle
Parroquias de Cenlle miniatura|esquerda|As dez parroquias que conforman o concello de Cenlle.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cenlle
Categoría:Parroquias de Cenlle Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María