Nova Escocia (en latín, e de uso habitual en ; en ; en ) é unha provincia canadense localizada na costa suroriental do Canadá. É a provincia máis poboada nas Marítimas, e a súa capital, Halifax, é o grande centro económico da rexión. Nova Escocia é a segunda provincia máis pequena do Canadá, cunha superficie de 55,284 km². A súa poboación, de 934,405 habitantes,Canada's population . Statistics Canada. Consultado o 28 de setembro de 2006. faina a 4ª provincia menos poboada do país, e a segunda con máis densidade de poboación.

A economía de Nova Escocia estivo tradicionalmente moi baseada nos seus recursos, pero nas décadas recentes diversificouse. Industrias como a pesca, a minaría, a silvicultura e a agricultura seguen a ser moi importantes, pero xunto ó turismo, á tecnoloxía, ó cine, á música e ós servizos financeiros.

A provincia inclúe varias rexións da nación micmac de Mi'gma'gi, que cobre a totalidade das Marítimas, así como partes de Maine, a Península de Gaspé, e Terra Nova. Nova Escocia xa era fogar do pobo micmac cando chegaron os primeiros colonizadores europeos. En 1604, colonos franceses estableceron o primeiro posto permanente europeo ó norte de Florida en Port Royal, fundando o que sería coñecido como Acadia. O Imperio Británico obtivo o control da rexión entre 1713 e 1760, e estableceu unha nova capital en Halifax en 1749. En 1867 Nova Escocia foi unha das provincias fundadoras da Confederación Candense, xunto con Novo Brunswick, e a Provincia do Canadá.

Xeografía A provincia está formada principalmente pola península de Nova Escocia rodeada polo océano Atlántico, incluíndo numerosas baías e estuarios. A Illa de Cabo Bretón, unha grande illa ao nordés da península, é tamén parte da provincia, así como a Illa Sable. Nova Escocia é segunda provincia máis pequena en superficie do Canadá, logo da Illa do Príncipe Eduardo. miniatura|esquerda|340px|Mapa de Nova Escocia

Notas

Véxase tamén Outros artigos Dólar de Nova Escocia Illa de Oak

Categoría:Provincias do Canadá