Apasa foi unha cidade do oeste de Anatolia, a derradeira capital do reino de Arzawa, na época de Uhha-Ziti, un vasalo do imperio hitita de Mursilis II, destruída por este tras unha guerra difícil en -1322. Apasa e Éfeso

miniatura|esquerda|Na parte superior dereita deste plano pódese ver a localización de Ayasoluk, onde é posíbel que estivese Apasa. A cidade identifícase comunmente con Éfeso en razón dunha grande proximidade fonética entre os dous topónimos que podería explicarse por unha relación etimolóxica: Ἔφεσος (/'Ephesos/) sería a forma helenizada de Apasa. O outeiro de Ayasoluk ten en efecto proporcionado algúns vestixios — especialmente unha tumba — e material cerámico datábeis no século -XIV que confirman a existencia dun establecemento anterior á cidade grega arcaica. O feito de que a inscrición de Karabel, redactada por un rei de Mira-Kuwaliya, un dos reinos sucesores de Arzawa no século -XIII, se atope na bisbarra de Éfeso, indica que é probábel que Arzawa se estendese ata o mar Exeo, e que incluíse polo tanto os territorios adxacentes a Éfeso.

Véxase tamén Outros artigos Arzawa. Éfeso. Ligazóns externas

Relato da derrota de Arzawa e da toma de Apasa segundo os Anais de Mursilis II

Bibliografía S. Heinhold-Krahmer, Arzawa : Untersuchungen zu seiner Geschichte nach den hethitischen Quellen, Heidelberg, 1977, p. 93. J. D. Hawkins, « Tarkasnawa King of Mira 'Tarkondemos', Boğazköy Sealings and Karabel », dans Anatolian Studies 48, 1998, p. 1-31 . P. Scherrer (dir.), Ephesos, The New Guide, Selçuk, 2000, p. 14.

Categoría:Hititas Categoría:Cidades hititas