San Miguel de Osmo é unha parroquia do concello de Cenlle, que limita ao norte con Anllo, ao leste con Beariz, ao sur con Navío e ao oeste con San Clodio. Segundo o IGE en 2013 tiña 53 habitantes (23 mulleres e 30 homes) o que supón unha diminución respecto ao ano 1999 cando tiña 80 habitantes. O curato é de primeiro ascenso e padroado laical do Conde de Ribadavia.
Xeografía Fermoso lugar pola súa situación, na ladeira do monte Barazal que lle concede privilexiadas vistas do val do Avia sementado de verdes carballos, castiñeiros, amieiros...
Patrimonio A igrexa parroquial de San Miguel de Osmo é de fábrica orixinal románica con pinturas manieristas no seu interior.
Hai tres ermidas de propiedade particular e outras tantas dos veciños. Nesta parroquia hai boas casas señoriais como o Pazo de Riobó ou a Casa dos Toubes.
As Escolas Pías de Riobó vello símbolo da educación rural atópase na parroquia, fundadas en 1780 polo dono do pazo de Riobó Bernardino de Prado Ulloa quen decidirá crear unha fundación para formar a nenos e nenas das aldeas de Riobó, Anllo, Osmo, Navío e outras da contorna. O Complexo educativo constaba de dúas escolas separadas unha para nenos e outra de nenas, as dúas con aulas amplas, boa cantería e balcóns de forxa. A de nenos conserva unha inscrición da súa fundación e da súa reforma posterior en 1915, dando conta do longo uso. As escolas sofren un profundo abandono, cos teitos danados, a madeira podrecida e a vexetación a avanzar sobre as fachadas, polo que se incluíron na Lista Roja de Hispania Nostra.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Osmo
Parroquias de Cenlle
Notas
Véxase tamén Bibliografía Geografía General del Reino de Galicia, Tomo XI. Vicente Risco. Ediciones Gallegas, S.A. (1980). Historia de Ribadavia. Samuel Eiján. Editorial Alvarellos. (1920). Edición Facsímile. (1981).
Outros artigos Lugares de Cenlle
Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Miguel