Escola Internacional de Dereito e Economía (en , TTVAM en inglés: International School of Law and Business, ISLB) é unha institución privada de educación superior en Vilnius, Lituania. Forma parte de entidades colaboradoras do Grupo Compostela de Universidades (GCU) e na XX Asemblea Xeral o premio GCU que outorga a Xunta foi entregado alí.

Historia A facultade abriuse o 1 de setembro de 1998 como Daugvilienė Business High School, polo nome do seu primeiro director, Daiva Daugvilienė.

A súa forma xurídica é uždaroji akcinė bendrovė (UAB, empresas con capital social de máis de 2500 €).

O 24 de agosto de 2001 outorgóuselle o estatuto de universidade. En setembro de 2009, o antigo Colexio de Dereito e Economía de Vilnius (en , VTVK ) foi renomeado como International School of Law and Economics.

Estrutura

Facultades

Facultade de Dereito (Dekan Doz. Raimundas Kalesnykas ) Facultade de Económicas Facultade de Informática Facultade de Humanidades

Profesorado e alumnado Entre os seus profesores están os viceministros Dalius Bitaitis e Julius Morkūnas, o ministro de Interior Eimutis Misiūnas, o xuíz Aurelijus Gutauskas e a avogada Vesta Kasputė campioa de xadrez de Lituania (WFM). Entre os seus alumnos están Justas Džiugelis (membro do Seimas en 2016) e a cantante Ieva Zasimauskaitė-Kiltinavičienė.

Xestión

Director: Daiva Daugvilienė Subdirectora de Actividade Académica: Izolda Krutkienė Subdirector Studium: Gitana Jurgelaitienė Subdirectora de Calidade: Aurelija Rudaitienė

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina oficial da Escola Internacional de Dereito e Economía (en lituano, ruso e inglés) Categoría:Escolas de negocios Categoría:Universidades de Lituania Categoría:Grupo Compostela de Universidades