Victor Moritz "Moe" Wagner, nado o 26 de abril de 1997 en Berlín, é un xogador profesional de baloncesto alemán que xoga para os Orlando Magic da National Basketball Association (NBA). Cunha estatura de 2,11 metros xoga nas posicións de ala-pivote e pivote. É o irmán do tamén xogador da NBA, Franz Wagner.

Traxectoria profesional O 21 de xuño de 2018, Wagner foi elixido na 25ª posición do Draft da NBA de 2018 polos Los Angeles Lakers. O 1 de xullo de 2018, asinou cos Lakers o seu contrato de rookie. Debutou na NBA o 17 de novembro de 2018 contra os Orlando Magic.

O 6 de xullo de 2019, Wagner foi traspasado xunto a Isaac Bonga, Jemerrio Jones e unha elección da segunda rolda do Draft de 2022 ós Washington Wizards, nun traspaso entre tres equipos no que os Lakers obtiveron a Anthony Davis. Na súa segunda tempada na liga, foi elixido para xogar no Rising Stars Challenge do All-Star Weekend da NBA de 2020.

O 25 de marzo de 2021, Wagner foi traspasado ós Boston Celtics nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os Chicago Bulls. O 16 de abril de 2021, foi cortado polos Celtics.

O 27 de abril de 2021, Wagner asinou cos Orlando Magic para o resto da tempada 2020-21. O 23 de agosto de 2021, Wagner asinou un novo contrato cos Magic.

O 10 de setembro de 2023 gañou a final do Mundial de 2023 coa selección de Alemaña contra a selección de Serbia.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Berlín Categoría:Xogadores de baloncesto de Alemaña Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores do ALBA Berlin Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Orlando Magic