Walter Jonathan Andrew, nado en Derbyshire en 1859 e finado en 1934, foi un numismático e arqueólogo afeccionado británico.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Walter Jonathan Andrew naceu en Derbyshire en 1859, no seo dunha familia coñecida pola súa implicación en asuntos cívicos. Asistiu á escola de Rugby, Warwickshire, e titulouse como avogado en 1882."Andrew, Walter Jonathan 1859 - 1934". Hampshire Field Club & Archaeological Society.

Aruqeoloxía e numismática Á marxe do mundo do Dereito, Andrew tiña outros variados intereses, sinaladamente a arqueoloxía e a numismática. Formou parte do grupo de afeccionados á numismática que en 1903 fundaron a British Numismatic Society,"The British Numismatic Society: A History". En British Numismatic Journal. Vol. 73. Nº 4. Páxina 1. entidade da que foi o seu segundo presidente, entre 1909 e 1910,"History: Presidents of the Society". British Numismatic Society. e tamén foi elixido membro da Sociedade de Anticuarios de Londres, en 1902,Proceedings of the Society of Antiquaries of London. Serie 2ª, Vol. XIX. 1902-1903. Páxina 51. e do Hampshire Field Club and Archaeological Society.

Como afeccionado á arqueoloxía participou na escavación na que se achou unha importante cunca saxoa en Oliver's Battery, Hampshire, hoxe depositada no Winchester City Museum. A partir de 1927, centrou o seu foco na descuberta da King John's House, un edificio medieval de pedra en Romsey, Hampshire,"Walter Jonathan Andrew". The British Museum. da que logrou determinar, a través da investigación en rexistros, que fora construído polo rei Xoán I de Inglaterra e que posteriormente o seu fillo, Henrique III, llo concedera á abadía de Romsey.

Outros intereses Outros dos seus intereses eran a navegación en globo aerostático —recibiu a medalla de ouro da Balloon Society—, a historia natural —foi editor de honra da Derbyshire and Natural History Society— e o sendeirismo —pertenceu ao Manchester Pedestrian Club —.

Recoñecementos

(1914): Medalla Sanford Saltus, da British Numismatic Society."Sanford Saltus Gold Medal". British Numismatic Society.

Publicacións Estes son os traballos monográficos máis representativos dos publicados por Andrew ao longo da súa traxectoria:"Andrew, Walter Jonathan ". Digital Library Numis."Andrew, Walter Jonathan". WorldCat Identities.

(1901). A numismatic history of the reign of Henry I (1100-1135). 2 volumes. Separata de Numismatic Chronicle. Quaritch, Londres. (1903). Notes on ‘A numismatic history of the reign of Henry I. (1928). History of King John’s House, Romsey. Romsey. (1933). Numismatic sidelights on the battle of Brunanburh, A.D. 937. Harrison, Londres. (1934-1935). The die for Stephen's coinage in the Guildhall Museum, and secondary evidence there of an unpublished penny of Henry I. Separata de Numismatic Chronicle, Londres.

Notas

Categoría:Nados en 1834 Categoría:Finados en 1934 Categoría:Nados en Derbyshire Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Galardoados coa medalla Sanford Saltus Categoría:Membros da Sociedade de Anticuarios de Londres Categoría:Personalidades sen imaxes