Pantasma é unha rexión situada no norte de Nicaragua. Pantasma significa, na lingua misquito, "home pequeno" ou "cabeza plana" e é coincidente coa verba galega «pantasma», do grego φάντασμα, á que tamén se vincula o topónimo.

Xeografía Nesta rexión atópase o Val de Pantasma, un val circular cun diámetro de máis de 12  km (13°22´ Norte e 85°57´ Oeste). Está atravesado polo río Pantasma, un afluente do río Coco, tamén chamado río Segovia (sendo coco casualmente outra palabra de orixe galego-portuguesa co significado de pantasma).Figueiredo, Cândido. Pequeno Dicionário da Língua Portuguesa. Livraria Bertrand. Lisboa 1940 No seu centro atópase a aglomeración Las Praderas, principal aldea do concello de Santa María de Pantasma (uns 40 000 habitantes) no departamento de Jinotega. O val pobre pero fértil é explotado para cultivar millo, café, xudías, recoller froitos e criar gando.

Cráter Pantasma Recentemente, especulouse que o cráter Pantasma foi creado polo impacto dun meteorito de máis de 500 metros de diámetro sobre as capas efusivas terciarias da montaña volcánica do norte de Nicaragua. A forma circular do cráter, a lixeira inclinación do seu piso en dirección á ampla inclinación da paisaxe e a súa localización aparentemente arbitraria parecen confirmar esta hipótese. Non hai ascensor central ou pode estar xa cuberto de sedimentos. É posible que exista un anel de expulsión, pero dificilmente é recoñecible no medio de montaña. O tamaño e a forma do cráter lembran moito ao lago Bosumtwi en Ghana, de 10 km de diámetro e un millón de anos de antigüidade. A súa posición na paisaxe aseméllase de forma desconcertante á do cráter de meteoritos Goat Paddock en Australia ( 5 km de diámetro, menos de 50 millóns de anos). A historia volcánica de toda a rexión e a proximidade a zonas volcánicas activas, con todo, apoian unha orixe volcánica, pero non hai nada que o demostre definitivamente polo momento. (véxase tamén: Caldeiras volcánicas explosivas, Krakatoa, Monte Tambora).

Un estudo de 2019 confirma que este cráter de 14 km de diámetro é realmente un cráter de impacto de 815 000 ± 11 000 ans.

Masacre de Pantasma O lugar foi escenario do masacre de Pantasma A Contra Rampage--With Blessings from the United States - Samuel Dillon, Alicia Patterson Foundation, 1990 do 18 de outubro de 1983, no que terroristas da Contra nicaraguana, un grupo antiesquerdista financiado e armado polo goberno dos Estados Unidos baixo a presidencia de Ronald Reagan, asasinaron a 47 homes, mulleres e nenos durante un asalto a cooperativas agrícolas do val.

Tres anos despois, o 19 de outubro de 1986, unha mina da Contra destruíu un camión na rúa principal de Pantasma en Jinotega e matou a once civís e mutilou a trinta e tres.

O 23 de marzo de 1987, membros do Veterans Peace Action Team (EEUU) iniciaron unha semana de marcha pola paz nesta estrada polo val de Pantasma, para chamar a atención sobre o terror da Contra, especialmente cruel nesta parte do país.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Caldeiras volcánicas explosivas Krakatoa Monte Tambora Nicaragua Bibliografía

Richard Weyl, Die Geologie Mittelamerikas, Borntraeger, 1961 Bruno Engels, Geologische Problematik und Strukturanalyse Nikaraguas, International Journal of Earth Sciences, Springer 1965 Günther Weber, Die trotzigen Mühen um die Freiheit: Nicaraguas Bauern kämpfen um ihr Land. Berichte aus dem Tal von Pantasma, Edition Nahua, 1986

Ligazóns externas

(en francés) Pantasma : un jeune cratère météoritique dans le vieux paysage volcanique du Nicaragua? - Leo Kowald, abril de 2006 Scientists Report Surprising New Results from Caribbean Sea Expedition - Comunicado 96-009, The National Science Foundation (NSF), 14 de marzo de 1996

Categoría:Xeografía de Nicaragua Categoría:Xeografía de América Central Categoría:Cráteres da Terra