Nasal velarAFI – número119AFI – UnicodeŋAFI – imaxe10Entidade HTMLŋX-SAMPANKirshenbaumN O nasal nelar ou ene velar é un tipo de fonema consoante (nasal, oclusivo e velar). Foneticamente é común en moitas linguas, cunha alofonía típica de antes de consoantes velares como as consoantes /g/ e /k/ por exemplo (en castelán por exemplo domingo é pronunciado .

Presenza no galego En lingua galega, alén do -n- antes de /g/ e /k/ , por exemplo en domingo ou áncora, o son nasal velar correspóndese en galego coa pronuncia do -nh- en unha, algunha, ou do -n final en camión, avión.

En castelán, tanto europeo como de América Latina o -n final correspóndese co /n/ e non co ene velar, salvo cando é pronunciado con acento fonético doutras linguas.

Algunhas palabras de orixe galego-portuguesa na lingua xaponesa ou coreana conservan o ene velar final, por exemplo 빵 (pan) é pronunciado /ppaŋ/.

Representación O símbolo deste son no Alfabeto Fonético Internacional é , e o seu símbolo equivalente X-SAMPA é N. O símbolo AFI é a n minúscula cun gancho esquerdo que sobresae da parte inferior dereita da letra.

Características

O seu modo de articulación é oclusivo, o que significa que se produce ao obstruír o fluxo de aire no aparello vocal. O seu punto de articulación é velar, o que significa que se articula co dorso da lingua contra o padal brando. O tipo de fonación é sonora, o que significa que as cordas vocais vibran durante a articulación. É unha consoante nasal, o que significa que permite que o aire escape polo nariz. é unha consoante central, o que significa que se produce deixando que a corrente de aire flúe polo medio da lingua en lugar dos lados . O mecanismo do aire é egresivo, o que significa que se articula expulsando o aire dos pulmóns a través do aparello vocal.

O ene velar en diversas linguas Lingua Palabra AFI Significado Graos alemán lang 'Lonxe' castelán domingo 'domingo' catalán sang 'sangue' chinés cantonés/ ngong 'levantarse' mandarínBěijīng 'Pequín' coreano / bang 빵 / ppang ; 'sala de estar' ; 'pan' danés sang 'canción' filipino tagalo ngayon 'agora, hoxe' galego unhaman [maŋ] grego αποτυγχάνω "Fallarei" húngaro ing 'camisa' indonesio bangun 'espertar' inglés sing 'cantar' italiano anche 'tamén' lingua xaponesa (variantes) Patrón/ nankyoku 'Polo Sur' Dialectos orientais / kagi 'chave' Nasalización de [g] neerlandés angst 'medo' tailandés 'traballo' vietnamita 'aceptar'

Notas

Véxase tamén

Consoante nasal Consoante velar

Categoría:Fonética