Automated Navigation and Guidance Experiment for Local Space5, coñecido tamén polo seu acrónimo ANGELS e como USA 255, é un satélite artificial militar dos Estados Unidos lanzado o 28 de xullo de 2014 mediante un foguete Delta 4M desde Cabo Cañaveral.

Características ANGELS foi construído por Orbital Sciences para o Laboratorio de Investigación da Forza Aérea. A finalidade do satélite era probar técnicas de achegamento e operacións na proximidade doutros obxectos, para o que usou a última etapa do foguete lanzador como obxectivo. O satélite tamén probou un receptor GPS e acelerómetros de alto rendemento. ANGELS foi retirado en novembro de 2017.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Delta 4M

Categoría:Satélites artificiais