A Universidade de Xenebra (Université de Genève) é unha universidade pública suíza localizada en Xenebra. É membro do Grupo Coimbra, así como da Liga de Universidades de Investigación Europeas (LERU), da Asociación de Universidades Europeas AUE) e do International Forum of Public Universities (IFPU).

Historia Fundouna Jean Calvin (Calvino) en 1559. Inicialmente foi un seminario teolóxico, onde tamén se ensinaba Dereito. Seguiu sendo marcadamente teolóxica durante o século XVII, cando comezaron a agregarse outras disciplinas, mentres se convertía nun centro para a Ilustración erudita.

En 1873 cesaron as súas connotacións relixiosas, co cal adquiriu o carácter secular. Hoxe desempeña un papel líder en moitos campos, e a súa localización en Xenebra dálle unha situación privilexiada para os estudos en asuntos diplomáticos e internacionais. Así mesmo, considérase como unha das universidades de vangarda en temas de investigación en Europa, pois ten realizado notábeis descubrimentos na área de Ciencias da Terra, e tamén en Xenética, entre outros campos.

Facultades A Universidade de Xenebra conta con 9 Facultades e Escolas Universitarias: Facultade de Ciencias Facultade de Medicina Facultade de Artes Facultade de Xurisprudencia Facultade de Teoloxía (protestante) Facultade de Filosofía e Educación Facultade de Tradución e Interpretación Escola de Xenebra para estudos económicos e administración Escola de Xenebra para estudos sociais

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web oficial

Categoría:Universidade de Xenebra