Augustin Pyrame de Candolle, nado en Xenebra o 4 de febreiro de 1778, e finado na mesma cidade o 9 de setembro de 1841, foi un médico e botánico (especializado en brioloxía, pteridoloxía e micoloxía) suízo. É coñecido por ser un dos fundadores, con Linneo, da sistemática taxonómica moderna para clasificar as plantas.

Traxectoria De familia provenzal, exiliada de Francia polas súas conviccións calvinistas durante o século XVI, de Candolle estudou o bacharelato, desde 1794, no Collège Calvin da súa cidade natal, e medicina nas universidades de Xenebra e París. Durante os seus estudos universitarios, e baixo a dirección de René Desfontaines, iniciouse na botánica, á que se afeccionou intensamente. Dedicouse a ela de tal maneira que, só tres anos máis tarde, en 1799, publicou a súa Histoire Plantarum Succulentarum ("Historia das plantas suculentas") e, en 1802, unha Astragalogía.

En 1804 doutorouse en medicina, cunha tese sobre as propiedades medicinais das plantas. O seu crecente renome fixo que Lamarck o encargase da reedición da súa Flore française (Flore Francaise, ou Descriptions Succinctes de Toutes les Plantes qui Croissent Naturellement en France..., catro tomos en 5 vols. en 1805 e o tomo 5, vol. 6, en 1815), un traballo que o ocuparía até 1815.

En 1807 foi nomeado catedrático de botánica na Facultade de Medicina da Universidade de Montpellier, como sucesor de Pierre Marie Auguste Broussonet.

En 1813 resumiu os principios teóricos das súas investigacións anteriores nunha Théorie élémentaire de la botanique, e terminou cuñando o termo taxonomía, que derivou de dúas palabras do grego antigo: τάξις táxis "ordenamento", e νόμος nomos, "uso", "maneira", "regra", "norma".

Tras a restauración da monarquía borbónica francesa en 1814 debeu abandonar Francia, e regresou á súa Xenebra natal, onde se fundou unha cátedra de Historia Natural e un xardín botánico expresamente para el.

Durante esa época emprendeu o titánico traballo de describir todas as plantas coñecidas. En 1824 puido publicar a primeira parte co título de Regni vegetabilis systema naturale ("Sistema natural do reino vexetal"), pero a obra ocuparíalle até a súa morte e tivo que ser acabada polo seu fillo, Alphonse Pyrame de Candolle.

Na súa versión final, o texto comprende máis de 90 000 especies.

Obra miniatura|Ilustración de Kalanchoe laciniata en Plantarum Historia Succulentarum A clasificación ocupa para de Candolle un lugar esencial na súa concepción da morfoloxía, considerando á anatomía comparada como o instrumento central para a clasificación, pois só ao seu través podemos distinguir as semellanzas formais das funcionais. De Candolle enunciou, así, unha des primeiras distincións entre analoxía e homoloxía. A partir das relacións homolóxicas, de Candolle foi un gran defensor da existencia metafísica dun tipo do que poderían derivarse todas as formacións vexetais.

No mesmo marco morfoloxista, de Candolle desenvolveu, paralelamente a Goethe, toda unha teoría sobre a metamorfose das plantas.

Honores Epónimos (Fabaceae) Candolleodendron R.S.CowanRhodora 68 (776): 429. 1966 [28 de decembro de 1966] (GCI) (Stylidiaceae) Candollea Labill.Annales de Museum d'Histoire Naturelle, París xuño de 1805 (APNI)

Abreviatura A abreviatura DC. emprégase para indicar a Augustin Pyrame de Candolle como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.DC. – Augustin Pyramus de Candolle (1778-1841) no IPNI.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Alphonse Pyrame de Candolle

Ligazóns externas Publicacións de e por Augustin-Pyrame de Candolle en Catálogo en liña da Schweizerischen Nationalbibliothek Candolle, Augustin Pyramus de,(1778 - 1841). Biografía e obras en botanicus.org. Biografía en Historischen Lexikon der Schweiz Versión en liña de Histoire des plantes grasses gallica.bnf.fr, Versión en liña da súa obra

Categoría:Científicos de Suíza Categoría:Botánicos de Suíza Categoría:Alumnos da Universidade de París Categoría:Alumnos da Universidade de Xenebra Categoría:Profesores da Universidade de Xenebra Categoría:Profesores da Universidade de Montpellier Categoría:Nados en 1778 Categoría:Nados en Xenebra Categoría:Finados en 1841