Alphonse Louis Pierre Pyrame de Candolle, nado en París o 28 de outubro de 1806 e finado en Xenebra o 4 de abril de 1893, foi un botánico suízo.

Traxectoria Fillo do tamén botánico Augustin Pyrame de Candolle, inicialmente dedicouse aos estudos xurídicos, aínda que pronto os abandonou para dedicarse á botánica, seguindo os pasos de seu pai. Ao terminar os seus estudos conseguiu o posto de profesor de Historia Natural na Universidade de Xenebra e de director do Xardín botánico desa cidade. Sucedeu ao seu pai na cátedra de Historia Natural da Universidade de Xenebra.

Publicou unha serie de traballos botánicos, incluíndo a continuación do Prodromus systematis naturalis, iniciada polo seu pai e que continuou redactando despois da súa morte en 1841, en colaboración co seu fillo, Casimir de Candolle. Na súa versión final, o texto comprende máis de 90 000 especies.

Estudou a orixe das plantas cultivadas e a importancia dos factores ambientais no desenvolvemento dos organismos vivos. Dedicouse tamén á fixación das normas internacionais da nomenclatura botánica.

Obras Origine des plantes cultivées, 1882 Origines des plantes cultivées. 1883 La phytographie, ou l’art de décrire les végétaux considérés sous différents points de vue. 1880 Existe-t-il dans la végétation actuelle des caractères généraux et distinctifs qui permettraient de la reconnaître en tous pays si elle devenait fossile? 1875 Histoire des sciences et des savants depuis deux siècles. 1872 Lois de la nomenclature botanique adoptées par le Congrès international de botanique tenu à Paris en août 1867... Xenebra e Basilea: H. Georg; París: J.-B. Baillière et fils, 1867 Mémoires et souvenirs de Augustin-Pyramus de Candolle, écrit par lui-même et publiées par son fils (Con Augustin Pyrame de Candolle). 1862 On the causes which limit vegetable species towards the north, in Europe and similar regions. Annual Report of the Board of Regents of the Smithsonian Institute. pp. 237–245 1859 Géographie botanique raisonnée. 1856 Géographie botanique raisonnée ou exposition des faits principaux et des lois concernant la distribution géographique des plantes de l’époque actuelle. París: V. Masson; Xenebra: J. Kessman, 1855 Prodromus Systematis Naturalis Regni Vegetabilis. Volumes 7 a 17. 1844-1873 Monographie des Campanulées. París: Veuve Desray, 1830

Honores Condecoracións 1889: Medalla linneana

Eponimia Xénero (Annonaceae) Alphonsea Hook.f. & ThomsonFl. Ind. [Hooker f. & Thomson] i. 152 1855 (IK). Especie (Sapotaceae) Isonandra alphonseana DubardBull. Mus. Natl. Hist. Nat. xv. 29 1909 (IK).

Abreviatura A abreviatura A.DC. emprégase para indicar a Alphonse Pyrame de Candolle como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.A.DC. – Alphonse Louis Pierre Pyramus de Candolle (1806-1893) no IPNI.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Candolle, Augustin Pyrame de na Enciclopedia Británica

Outros artigos Augustin Pyrame de Candolle

Categoría:Científicos de Suíza Categoría:Botánicos de Suíza Categoría:Profesores da Universidade de Xenebra Categoría:Membros da Royal Society Categoría:Nados en 1806 Categoría:Nados en París Categoría:Finados en 1893 Categoría:Membros da Leopoldina Categoría:Medalla linneana Categoría:Nobres de Suíza