Maximino Rodríguez Pérez, coñecido como Maxi, nado en Paradela en 1902, foi un guerrilleiro antifranquista galego. Traxectoria
Veciño das Bustaregas (Castro de Rei de Lemos). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 5 de agosto e internado na cadea de Monforte. Xulgado en Lugo o 28 de novembro por auxilio á rebelión con Teodoro López Rodríguez,La Voz de Galicia, 29-11-1936, p. 5. foi condenado a 16 anos de prisión. Abríronlle expediente de responsabilidade civil en xuño de 1937.BOP Lugo, 10-7-1937, p. 1. Ao saír da cadea foi enlace da guerrilla de Xosé Castro Veiga, e botouse ao monte cando foi descuberto. Preso, acusado de ter contacto co Partido Comunista e con partidas de guerrilleiros, foi xulgado en consello de guerra o 6 de febreiro de 1948, e condenado por rebelión militar xunto con José Santiago Temprano, Victor López Rodríguez e Manuel Rábade Rodríguez. Estivo na Prisión Central de Burgos, de onde saíu en liberdade condicional en marzo de 1950.BOE, 2-5-1950, p. 1945. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo Victor López Rodríguez, preso por axudar a un falecido
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia
Categoría:Nados en Paradela Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en ano descoñecido