As linguas micronesias son unha familia lingüística das linguas oceánicas. As linguas micronesias son coñecidas pola súa falta de consoantes labiais simples; teñen en troques dúas series, labiais palatalizadas e labio-velarizadas.

Linguas De acordo con Jackson (1983, 1986) as linguas deste grupo son:

Nauruano Familia nuclear micronesia Kosraeano Familia central micronesia Kiribatiano Familia occidental micronesia Marshalés Familia Chúukica-pohnpeica Chúukica Pohnpeica

Semella que a familia se orixinou no leste, probablemente en Kosrae, e se estendeu cara ao oeste. Kosrae parece foi colonizada dende o sur, na rexión do norte de Vanuatu.

Kevin Hughes (2020) revispou a clasificación de Jackson, especialmente no que se refire á posición do nauruano, quen afirma que non hai ningún argumento convincente para clasificar o nauruano ademais doutras linguas micronesias. El propón tres hipóteses: (1) o nauruano é unha rama primaria xunto ao kosraeano, (2) o kosraeano e o nauruano forman un subgrupo e (3) o nauruano é unha rama primaria da familia micronesia central.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Linguas oceánicas centro-orientais