miniatura|dereita|Vista aérea de Hoboken á beira do río Hudson

Hoboken é unha cidade localizada no condado de Hudson do estado de Nova Jersey.

Situada na zona dos peiraos do río Hudson, a cidade era unha parte do Porto de Nova York e Nova Jersey e sede de importantes industrias durante a maior parte do século XX. Tamén é coñecida por ser o lugar de nacemento do cantante estadounidense Frank Sinatra, un dos artistas musicais máis populares e influentes do século XX; por iso, numerosos parques e rúas da cidade foron bautizados no seu honor.

O carácter da cidade cambiou e pasou de ser unha cidade da clase obreira a unha de tendas e barrios residenciais da clase social alta."Less Luster on the 'Gold Coast'. New Jersey. The New York Times.

Xeografía miniatura|Localización de Hoboken no condado de Hudson e este no estado de Nova Jersey miniatura|Panorama de tres segmentos da costa de Sinatra Drive desde Pier A Park, Hoboken

Situada a unha altitude media de 9 msnm, o municipio ocupa unha superficie de 5,1 km²

Segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos, no ano 2020 tiña unha poboación de 60 419 habitantes, polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 9 805 hab./km².U.S. Census Bureau.

Hoboken ten a cuarta densidade de poboación máis alta dos Estados Unidos, máis alta incluso que a de Nova York.U.S. Census Bureau 2010.

Hoboken forma parte da área metropolitana de Nova York, e nela encóntrase a Terminal Hoboken, un importante centro de transporte para a rexión.

Demografía Segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos no ano 2000 os ingresos medios por fogar na localidade eran de 62 550 dólares, e os ingresos medios por familia eran de 67 500 dólares. Os homes tiñan uns ingresos medios de 54 870 dólares, fronte aos 46 826 dólares para as mulleres. A renda per cápita para a localidade era de 43 195 dólares. Ao redor do 10,0 % da poboación estaba por debaixo do limiar de pobreza.

Historia Hoboken estableceuse por primeira vez como parte da colonia Pavonia, New Netherland (Pavonia Nova Holanda) no século XVII. Durante o inicio do século XIX, a cidade foi desenvolvida polo coronel John Stevens, primeiro como un complexo turístico e máis adiante como zona residencial.

Hoboken converteuse en municipio en 1849 e foi considerada como cidade en 1855.

Hoboken foi o lugar onde se xogou o primeiro partido de béisbol,Early Innings: A Documentary History of Baseball, 1825-1908. e é alí onde se encontra o Instituto Stevens de Tecnoloxía, unha das universidades tecnolóxicas máis antigas dos Estados Unidos.

O 29 de outubro de 2012 Hoboken quedou devastada por unha gran tormenta e polos fortes ventos asociados co furacán Sandy, deixando 1 700 casas inundadas e provocando danos por valor de 100 millóns de dólares. Incluso díxose que "encheu Hoboken como unha bañeira".The Water Next Time en theatlantic.com.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Condados dos Estados Unidos de América Nova Jersey

Ligazóns externas Páxina web oficial Hoboken, New Jersey, United States na Encyclopædia Britannica.

Categoría:Cidades de Nova Jersey