Franco a cabalode Xoán II de Francia (1350-1364)260x260pxO rei a cabalo con armadura. Arredor, lenda IOHANNES DEI GRATIA - FRANCORV REXCruz composta cuadrilobulada, con flores de lis. Lenda + XP'C* VInCIT* XP'C* REGNAT* XP'C* INPERATFranc à cheval. Xoán II. 1360. Peso: 3,76 gr.
O franco a cabalo (en francés: franc à cheval) foi unha moeda de ouro medieval, a primeira moeda francesa denominada "franco","Franc". Larousse.fr introducida por Xoán II na segunda metade do século XIV."Franc à cheval". En Frey, A. R. (1916). Páxina 88. "Franc à cheval ". En Martinori, E. (1915). Páxina 173.
Historia O franco a cabalo emitiuse por vez primeira para financiar o rescate de Xoán II "o Bo" (1350-1364), que resultara apreixado polos ingleses na batalla de Poitiers, durante a Guerra dos Cen Anos.Demougin, J. (2003). Histoire du franc. Editions du Layeur. Páxina. 23. ISBN 978-2915118094 En 1360, mediante o Tratado de Brétigny acadouse a súa liberación logo dun pagamento en moedas de ouro por valor de tres millóns de escudos.
A moeda creouse con tal fin o 5 de decembro de 1360 e comezou a utilizarse a partir de febreiro de 1361, co valor dunha libra tornesa, feito polo que se comezou a coñecer indistintamente como "franco" ou como "libra".Favier, J. (2005). "Décembre 1360: La naissance du franc". En D'or et d'argent. La monnaie en France du Moyen Age à nos jours. París. Páxinas 1-16. ISBN 978-2-11-093702-5 Canto á orixe da denominación "franco", hai dúas hipóteses: a primeira pona en relación coa lenda da moeda, IOHANNES DEI GRATIA FRANCORV[M], e a segunda relaciónase co feito de que fose concibida para liberar (deixar "franco") o monarca.Klütz, K. (2004). miniatura|251x251px|Franco a cabalo de Lois II de Flandres (1346-1384). Posteriormente, a moeda foi cuñada tamén en Francia a nome de Carlos V (1364-1380),"Franc à cheval - Charles V Le Sage". Numista.com Carlos VII (1422-1461),"Franc à cheval - Charles VII". Numista.com Henrique III (1574-1589) e Henrique IV (1589-1610), así como nos Países Baixos, entre outros por Lois II de Flandres (1346-1384)."Rider "Franc à Cheval" - Louis II de Male". Numista.com
Caracterización O franco a cabalo era unha moeda de ouro de 24 quilates, cun diámetro de 29 mm un peso de 3,88 gramos ou, o que é o mesmo, 63 pezas por marco.Belaubre, J. (1996).
Anverso: Xoán II "o Bo" a cabalo galopando cara á esquerda, con flores de lis na coroa e coa espada no alto; as proteccións do cabalo tamén con flores de lis. O conxunto está rodeado pola lenda en latín: IOHANNES DEI GRATIA - FRANCORV REX ("Xoán, pola graza de Deus, rei dos francos")."Le franc à cheval, description et analyse". Bibliothèque nationale de France."Golden Franc "on horseback"". Numista.com Reverso: cruz con flores de lis, cun cuadrilóbulo central e inserida noutro cuadrilóbulo decorado con palmas e catro trevos. Lenda circular en latín + XP'C* VInCIT* XP'C* REGNAT* XP'C* INPERAT ("Cristo vince, Cristo reina, Cristo manda").
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Belaubre, J. Jean Belaubre(1996). Dictionaire de Numismatique mediévale occidentale. Leopard d'Or, París. ISBN 2-86377-121-3.
Frey, A. R. (1916). A dictionary of numismatic names; their official and popular designations. American Journal of Numismatics. Vol 50. Klütz, K. (2004). Münznamen und ihre Herkunft. Moneytrend Verlag, Viena. ISBN 3-9501620-3-8 Martinori, E. (1915). La moneta. Vocabolario generale. Istituto italiano di numismatica, Roma.
Outros artigos
Franco a pé Franco francés
Categoría:Franco (moeda) Categoría:Moedas de Francia Categoría:Moedas de ouro Categoría:Moedas da Idade Media Categoría:Moedas fóra de curso