Pedro Caneda Rodríguez, nado en Medos (San Xoán de Río) cara a 1909 e finado en Vigo o 29 de xuño de 1966, foi un político galego.
Traxectoria
Irmán de Antonio Caneda Rodríguez. Instalado en Madrid, logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado comisario político.Diario Oficial del Ministerio de Defensa Nacional, 27-12-1938, p. 1313. Militou no PCE.Ficha de Pedro Caneda Rodriguez
Xulgado en consello de guerra en Madrid en maio de 1939, foi condenado a 30 anos de prisión por adhesión á rebelión. Conmutada a pena por 12 anos de prisión o 18 de xullo. Saíu en liberdade condicional en 1945 e foi confinado en Vigo. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas. Finou en Vigo o 29 de xuño de 1966.El Pueblo Gallego, 30-6-1966, p. 2. Vida persoal
Casou con María González Porras Abad e foi pai adoptivo de María del Pilar González Porras e Crisanto Gómez Casal.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Consello de guerra de Pedro Caneda Ficha de Pedro Caneda no Centro Documental de la Memoria Histórica BOP Madrid, 26-6-1940, p. 3.
Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en San Xoán de Río
Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1966