O día do révolver (en ) é un filme estadounidense de 1968 dirixido por Jerry Thorpe.

Estreouse en galego o 9 de setembro de 2012 na TVG.

Sinopse Despois de tres anos de ausencia, Lorn Warfield volve ao seu rancho. Ao chegar, descobre que a súa propiedade foi saqueada e decátase de que a súa dona, as súas dúas fillas e a muller do pastor foron secuestradas por unha tribo apache. Decidido a atopalas, consegue a axuda de Owen Forbes, o seu veciño granxeiro, sen saber que é o amante da súa muller. Unidos polo excéntrico Jimmy Noble, os tres homes lánzanse na procura dos apaches.

Personaxes

Glenn Ford como Lorn Warfield Arthur Kennedy como Owen Forbes Dean Jagger como Jimmy Noble John Anderson como Capitán Jefferson Addis Paul Fix como Sheriff Kelso Nico Minardos como Jose Luis Gomez de la Tierra y Cordoba DeLeon Dean Stanton como Sarxento Parker Pilar Pellicer como Lydia Yearby Parley Baer como Willford Royal Dano como Dr. Eli Prather Ross Elliott como Reverendo Yearby Barbara Babcock como Angie Warfield James Griffith como Storekeeper - Hazenville

Notas

Categoría:Filmes de 1968 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer Categoría:Filmes de 1968 con versión en galego