Thrymsa anglosaxoa (ca. 650-675 )260x260pxThrymna. AU. Peso 1,27 g. Diámetro: 12,5 mm."Unique ID: WILT-DEDC91 ". Portable Antiquities Scheme.
A thrymsa (inglés antigo: þrymsa) foi unha moeda de ouro cuñada na Inglaterra anglosaxoa no século VII."Thrymsa". En Frey, A. R. (1916). Páxina 241."Thrymsa ". En Martinori, E. (1915). Páxina 526.
Na súa orixe era unha copia dos tremissis dos merovinxios e das moedas romanas anteriores cun alto contido de ouro, mais a súa continua degradación entre os anos 630 e 650 reduciu o contido en ouro da súa aliaxe ata o punto de que despois de 655 a porcentaxe deste metal era inferior ao 35 %. A thrymsa deixou de cuñarse cara ao ano 675 e poi substituída pola sceat de prata.
Historia alt=Vitoria (|miniatura|247x247px|Thrymsa cuñada ca. 655 - 675, cunha representación da Vitoria abrazando dúas cabezas. As primeiras thrymsas cuñáronse en Inglaterra na década de 630 nas cecas de Canterbury e de Londres, e quizais tamén na de Winchester. Charles Arnold-Baker suxire que o impulso para a creación desta moeda foi o aumento do comercio logo do matrimonio entre Aethelberht de Kent e Berta, unha filla do rei franco Cariberto I.Arnold-Baker, C. (2015). Páxina 744.
Esta moeda contiña orixinariamente entre un 40 % e un 70 % de ouro, mais a progresiva degradación da aliaxe fixo que os exemplares cuñados con posterioridade a 655 non superasen o 35 % deste metal. As moedas de ouro deixaron de cuñarse por completo cara ao ano 675, tras o cal comezaron a cuñarse no canto delas as sceattas de prata..Skingley, P. ed. (2014). Páxinas 84-86.
O termo "thrymsa" utilízase tamén nos textos anglosaxóns posteriores para se refereir a un valor de catro peniques de prata.Grierson, P.; Blackburn, M. (2007). Páxina 157.
Os numismáticos actuais coñecen as thrymsas a partir de achados de varios tesouros, sinaladamente o tesouro de Crondall, atopado en 1828.Davies, G. (2010). Páxina 122. Nun buque afundido en Sutton Hoo, que data de principios do século VII, atopáronse 37 tremissis merovinxios, mais ningunha moeda anglosaxoa.Campbell, J. (2004). Pola contra, o tesouro de Crondall, datado despois do ano 630, contiña 101 moedas de ouro, das cales 69 eran anglosaxoas e 24 merovinxias ou francas.Grierson, P.; Blackburn, M. (2007). Páxina 161.
Tipoloxía As primeiras thrymsas eran imitacións dos tremissis merovinxiosou de moedas de ouro romanas anteriores. Pesaban entre 1 e 3 gramos e tiñan un diámetro aproximado de 13 milímetros.Page, R. I (1973). Páxina 122.
No entanto, as thrymsas posteriores presentaban xa deseños máis variados, con bustos, cruces e outros obxectos como liras e estandartes lexionarios romanos. Tamén é habitual a aparición de inscricións, que ás veces se amosan en lingua latina e outras en runas anglosaxoas.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Arnold-Baker, C. (2015). The Companion to British History. Taylor & Francis. ISBN 978-1-317-40039-4 Campbell, J. (2004). "Rædwald (d. 616x27)". En Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press. Cook, B. J.; Williams, G.; Archibald, M. (2006). Coinage And History in the North Sea World, C. AD 500-1250. Essays in Honour of Marion Archibald. Brill, Leiden. ISBN 90-04-14777-2 Davies, G. (2010). History of Money. University of Wales Press. ISBN 978-0-7083-2379-3
Frey, A. R. (1916). A dictionary of numismatic names; their official and popular designations. American Journal of Numismatics. Vol 50. Grierson, P.; Blackburn, M. (2007). Medieval European Coinage: Volume 1, The Early Middle Ages (5th-10th Centuries). Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-03177-6 Martinori, E. (1915). La moneta. Vocabolario generale. Istituto italiano di numismatica, Roma. Metcalf, M. (1993-1994): Thrymsas and Sceattas in the Ashmolean Museum. 3 vol. Royal Numismatic Society e Ashmolean Museum. Special Publications, 27. ISBN 9781854440471 Page, R. I (1973). An introduction to English runes. Methuen, Nova York. ISBN 9780416662306 Skingley, P. ed. (2014). Coins of England & the United Kingdom. Standard Catalogue of British Coins 2015. ISBN 978-1-907427-43-5
Outros artigos
Moeda da Inglaterra anglosaxoa Sceat Styca
Categoría:Moedas anglosaxoas Categoría:Moedas de ouro Categoría:Moedas fóra de curso