O Abeille des Aydes Blois Basket 41, habitualmente coñecido como ADA Blois, é un equipo de baloncesto profesional francés con sede na cidade de Blois (Centro-Val de Loira). Fundado en 1907, desde 2022 compite por vez primeira na LNB Pro A, a máxima categoría do baloncesto galo. Disputa os seus partidos como local no Jeu de Paume, un pavillón con capacidade para 2 525 espectadores.

Historia Fundado en 1907 co nome de Abeille des Aydes, no seus comezos o club adicábase principalmente á práctica da ximnasia e o tiro. Entre 1986 e 1995, o ADA Basket, adestrado por Jean-Raoul Baudry, pasou da Rexional 2 á Nacional 2 con catro accesos consecutivos de 1987 a 1991. Porén, ao final da temporada 1994-1995, o club declarouse en bancarrota e descendeu de volta á Rexional 1. Non sería até o ano 2001 cando o equipo consegue regresar á Nacional 2. Na tempada 2004−05 o club consegue o ascenso á Nacional 1, terceira categoría do baloncesto francés. Ao final desta temporada, o equipo descende de novo a Nacional 2, mais consegue regresar en tan só unha tempada.

Na terceira categoría consegue chegar en varias ocasión á final dos playoffs: 2012, 2013 e 2015, nas tres ocasións sen éxito. Porén, o 29 de marzo de 2016, despois de vencer na casa ao Stade Rochelais por 75−50, o club consegue por fin o ascenso á LNB Pro B, segunda categoría gala. Na temporada 2017−18, o Blois sorprende ao rematar a temporada primeiro na temporada regular cun récord de 27−7 na Pro B. Deste xeito, Blois foi coroado campión Pro B e ascendido á máxima categoría, a LNB Pro A. Proén, debido á insuficiencia de infraestruturas, o club mantívose na segunda división. En 2022 o club consegue de novo o ascenso para acceder á primeira división por primeira vez na súa historia, esta vez puidéndoo materializar.

Xogadores Destacados

Kévin Dinal Stephane Gombauld Rudy Jomby Jonathan Tornato Charles Abouo Héctor Manzano Tyren Johnson Kris Joseph Frank Turner Lamayn Wilson Omari Gudul Eric Boateng

Adestradores

Jean-Raoul Baudry (1986−1995) Eric Aouizrat (1995−1999) Christophe Ivars (1999−2003) Gilles Versier (2003−2006) Nicolas Faure (2006−2011) Hugues Occansey (2011−2013) Guillaume Quintard (2013) Mickaël Hay (2013−presente)

Palmarés Segunda División de Francia Campións (1): 2018 Subcampións (1): 2022

Historial AnoNivelLiga Copa de Francia2011–123 NM1 Primeira rolda2012–133 NM1 Oitavos de final2013–143 NM1 Primeira rolda2014–153 NM1 Segunda rolda2015–163 NM1 Primeira rolda 2016–172 Pro B 9º Primeira rolda 2017–182 Pro B 1º Oitavos de final 2018–192 Pro B 7º Segunda rolda 2019–202 Pro B 1º Primeira rolda 2020–212 Pro B 7º Oitavos de final 2021–222 Pro B 4º Segunda rolda

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial

Categoría:Equipos de baloncesto de Francia