3rd Secret é un supergrupo estadounidense de rock alternativo formado no ano 2022. A banda inclúe membros dos grupos de grunge Soundgarden, Nirvana e Pearl Jam.
A banda está formada polo guitarrista e acordeonista Krist Novoselic de Nirvana, o batería Matt Cameron de Pearl Jam e Soundgarden, os guitarristas Kim Thayil de Soundgarden e Jon "Bubba" Dupree de Void, e as vocalistas Jillian Raye e Jennifer Johnson. Novoselic, Johnson, e Raye tocaron xuntos na banda Giants in the Trees, mentres que Cameron e Dupree tocaron en Hater.
Historia O 11 de abril de 2022 a banda publicou o seu álbum de estrea autotitulado e o sinxelo "I Choose Me", a primeira música na que os compañeiros de Soundgarden Kim Thayil e Matt Cameron traballaran xuntos dende a morte de Chris Cornell en 2017. O álbum foi gravado polo colaborador habitual de Nirvana e Soundgarden Jack Endino. A creación do disco mantívose en segredo e o traballo foi lanzado como unha sorpresa, aínda que antes do lanzamento a banda realizou un concerto no Museum of Pop Culture en Seattle, e en febreiro de 2022 Novoselic chiou que estaba traballando nalgo novo.
Respecto ao proceso de gravación do disco e á cantidade de cancións que decidiron gravar, a banda escribiu na súa web, "Naquel momento, houbo unha idea de tres álbums separados de individuos para incluír varias contribucións dos músicos anteriores. Todo parecía posible e as actitudes eran positivas. A finais de 2021, sentindo que pasara demasiado tempo, ou simplemente sentíndose impacientes, Krist e Jillian propuxeron 3rd Secret, combinando material gravado en Seattle e na granxa. E así chegamos a este disco con Jillian e Krist na portada".
O 22 de xuño de 2023 a banda publicou o seu segundo álbum de estudio, titulado The 2nd 3rd Secret.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSelo3rd Secret2022autoeditadoThe 2nd 3rd Secret2023autoeditado
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina da banda
Categoría:Supergrupos Categoría:Grupos musicais de Seattle, Washington Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de folk rock Categoría:Grupos musicais de grunge Categoría:Grupos musicais formados en 2022