Jerome "Jay" Apt III, nado en Springfield, Massachusetts, o 28 de abril de 1949, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-37, STS-47, STS-59 e STS-79.
Traxectoria Apt graduouse en física pola Universidade de Harvard en 1971 e é doutor na mesma materia polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts en 1976.
Foi seleccionado como candidato astronauta pola NASA en xuño de 1985, completando o seu adestramento en xullo de 1986 e participando nas misións STS-37, STS-47, STS-59 e STS-79. Pasou un total de 35,30 días no espazo. Retirouse da NASA en maio de 1997.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-37 STS-47 STS-59 STS-79
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1949 Categoría:Nados en Massachusetts