Sergio Carreira Vilariño, nado en Vigo o 13 de outubro de 2000, é un futbolista galego do Real Club Celta de Vigo. A súa posición é defensa lateral dereito.
Traxectoria Sergio Carreira comezou a súa carreira deportiva na súa cidade natal, nas categorías inferiores do Celta de Vigo. Na tempada 2019-20 debutou no Celta de Vigo B, xogando o seu primeiro encontro o 25 de novembro de 2018, ao entrar coma substituto de Dani Vega no minuto 53, nun partido fóra da casa contra o Internacional de Madrid perdido por 0 a 3.
Carreira realizou o seu debut co primeiro equipo o 19 de decembro de 2019, nun partido da Copa do Rei contra o Peña Azagresa, entrando no minuto 52 por mor da lesión de Jorge Saénz. O seu debut en liga produciuse perante o Club Atlético de Madrid.
Na tempada 2021-22 pasou a ter ficha do primeiro equipo. No mes de xullo renovou o seu contrato co primeiro equipo até 2025 e foi cedido ao CD Mirandés.
Clubs ClubPaísAnoCelta de Vigo B2018-2021Celta de Vigo2021-act.CD Mirandés (cedido)2021-2022Villarreal CF B (cedido)2022-2023
Notas
Véxase tamén Outros artigos Real Club Celta de Vigo B CD Mirandés
Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 2000 Categoría:Xogadores do Villarreal CF B Categoría:Xogadores do CD Mirandés