miniatura|240px|Pellona flavipinnis A dos pristigastéridos (Pristigasteridae) é unha familia de peixes osteíctios da orde dos clupeiformes, e suborde dos clupeoideos.
Taxonomía Descrición A familia foi descrita en 1872 polo naturalista, anatomista comparativo e ictiólogo neerlandés Pieter Bleeker.Pristigasteridae Bleeker, 1872 no WoRMS. Consultado o 3 de agosto de 2022.
Etimoloxía O nome científico Pristigasteridae está formado, como é a norma, sobre o nome do xénero tipo da familia, Pristigaster, coa adición do sufuixo do latín científico -ĭdae, propio dos nomes das familias de animais.
Xéneros Na actualidade na familia recoñécense os seguintes xéneros: Chirocentrodon Günther, 1868 Ilisha Richardson, 1846 Neoopisthopterus Hildebrand, 1948 Odontognathus Lacepède, 1800 Opisthopterus Gill, 1861 Pellona Valenciennes, 1847 Pristigaster Cuvier, 1816 Raconda Gray, 1831
Características Externamente diferéncianse das especies da familia dos clupeidos pola súa alongada aleta anal, que ten polo menos 30 radis brandos.Berra, Tim (2001): Freshwater fish distribution. San Diego, California: Academic Press. ISBN 978-0-0805-3201-1.
As pequenas aletas pelvianas están notabelmente desprazadas cara a adiante.de Pinna, M. C. C. e F. Di Dario (2003): "Pristigasteridae". En R. E. Reis, S. O. Kullander e C. J. Ferraris, Jr. (eds.) Checklist of the Freshwater Fishes of South and Central America. Porto Alegre, Brasil: EDIPUCRS. ISBN 85-7430-361-5, pp. 43-45.
Distribución Son especies mariñas que se distribúen por todos os océanos tropicais, e tamén hai algunhas dulciacuícolas distribuídas por ríos de Suramérica e do sueste asiático.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Hoboken, Nova Jersey: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-4712-5031-7.
Outros artigos Clupeiformes Clupeoideos
Ligazóns externas Family Pristigasteridae en FishBase.
Categoría:Clupeiformes