dereita|miniatura Carlos Callón co Apalpador.|dereita|miniatura Carlos Manuel Callón Torres, nado en Santa Uxía de Ribeira o 26 de agosto de 1978, é licenciado en filoloxías galega, portuguesa e románica pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutorouse na Universidade da Coruña.
Traxectoria A partir de 1995 ocupou diversas responsabilidades na Mesa pola Normalización Lingüística, organización de cuxa xunta directiva nacional é membro dende 1995 e que presidiu entre 2002 e 2014, desde entón é Presidente de Honra da entidade. É presidente tamén do padroado da Fundación Vía GalegoPáxina web da Fundación Via Galego. e a federación estatal Diverslinguae, desde a constitución de ambas, en 2006 e 2008, respectivamente.
Foi concelleiro por parte do BNG na súa vila natal entre xaneiro de 2001 e xuño de 2002, e membro do Consello Asesor de RTVE en Galicia entre 1998DECRETO 68/1998, do 5 de marzo, polo que se nomean os membros do Consello Asesor de RTVE en Galicia. e 2002.
Foi membro do grupo Galabra da USC e do consello de redacción de Longalingua. Publicación galega de lingua e sociedadePáxina web de Longalingua.. Colaborou nos primeiros pasos da Biblioteca Virtual Galega, da Universidade da Coruña. É membro do Grupo GRAALL da USC.
O 20 de decembro do 2015 presentouse ao Congreso pola provincia da Coruña representando a Nós - Candidatura Galega.
Exerceu como profesor de lingua e literatura galega e lingua portuguesa no CPI Alfonso VII de Caldas de Reis e no IES de Bertamiráns e como profesor de Xeografía e Historia no Instituto Espanhol Giner de los Ríos de Lisboa.
Obra É autor de diversos traballos centrados na sociolingüística e mais nos estudos literarios, dados a coñecer en diferentes congresos e revistas especializadas. Así mesmo, é autor de libros como Unha historia que nos pertence (A obra poética en galego de Lorenzo Varela) (2005) e En castellano no hay problema (2010), no cal aborda a situación do idioma galego nos últimos tres lustros, facendo especial fincapé na política lingüística do bipartito e do comezo da lexislatura de Alberto Núñez Feijóo. miniatura|Presentado O libro negro da lingua galega en Pontevedra disfrazado de Padre Sarmiento (2022) En febreiro de 2011 gañou o XVI premio Vicente Risco de Ciencias Sociais coa obra Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media"Carlos Callón gaña o Vicente Risco de ensaio cunha obra sobre a homosexualidade na Idade Media", artigo en www.culturagalega.org, 28 de febreiro de 2011., na que analiza a aceptación da adelphopoiesis na Idade Media. Entre outra documentación, analiza un documento de 1061 recollido no Tombo de Celanova, polo cal Pedro Díaz e Muño Vandilaz subscribían unión en Rairiz de Veiga"Máis que amigos", artigo en Vieiros, 6 de decembro de 2008. Consultado o 15 de xuño de 2010.
Ensaio Unha historia que nos pertence (A obra poética en galego de Lorenzo Varela) (2005). A Nosa Terra. En castellano no hay problema (2010). Xerais. 264 páxs. ISBN 978-84-9914-140-4. Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media (2011). Sotelo Blanco. ISBN 9788478246144. Como defenderes os teus dereitos lingüísticos (2011). Xerais. 208 páxs. ISBN 978-84-9914-287-6 Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez (2012). Xerais. 240 páxs. ISBN 978-84-9914-447-4. Galegocalantes e galegofalantes (2017). Xerais. 232 páxs. ISBN 978-84-9121-150-1. O libro negro da lingua galega (2022). Xerais. 768 páxs. ISBN 978-84-1110-119-6. ePub: ISBN 978-84-1110-132-5. Vidas e historias LGBT da Idade Media (2025). Vigo: Xerais. 304 páxs. ISBN 978-84-1110-608-5. ePub: ISBN 978-84-1110-631-3. Maxicamente vella, eternamente nova. A literatura tradicional galega (2025). Vigo: Xerais.104 páxs. ISBN 978-84-1110-662-7. ePub: ISBN 978-84-1110-663-4.
Poesía Atravesar o fantasma (2014). Xerais. 64 páxs. ISBN 978-84-9914-760-4. Seleccionado entre os mellores libros de poesía do decenio 2007-2016 no Premio Mondoñedo. Inscricións (2019). Galaxia, Dombate. 128 páxs. ISBN 978-84-9151-303-2. A abertura da boca (2021). Galaxia. ISBN 978-84-9151-748-1.
Obras colectivas I Congreso Internacional Curros Enríquez e o seu tempo (2004). Consello da Cultura Galega. Xosé Chao Rego: renacer galego. (Actas do Simposio-Homenaxe) (2010). Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas. Cicatrices de ferro nas palabras. A obra poética e o programa cultural de Valentín Paz-Andrade (2015). Figurandorecuerdos Edicións. Con Paulo Filgueiras Fachal. No tempo de Follas novas. Unha viaxe pola literatura universal (2015). Alvarellos.
Premios XVI Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais en 2011, por Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media. Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de ensaio no 2011, por Amigos e sodomitas. Premio Redelibros de Ensaio no 2011, por Como defenderes os teus dereitos lingüísticos. Premio Careón 2018, pola súa traxectoria literaria. Premio Rosalía de Castro de lingua en 2026 na categoría de persoa que máis destaca na promoción da lingua galega. O xurado valorou especialmente o seu labor como «activista referencial en defensa dos dereitos lingüísticos», así como a dimensión do seu traballo no ámbito do libro galego e da divulgación arredor da lingua.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Carlos Callón en NÓS Candidatura Galega.
Bibliografía
Fernández Blanco, Manuel (2026). O amor, o odio e a ingnorancia. Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-1176-619-7.
Categoría:Políticos do BNG Categoría:Activistas pola normalización lingüística do galego Categoría:Nados en Ribeira Categoría:Nados en 1978