Rafael Antonio Caldera Rodríguez, nado o 24 de xaneiro de 1916 e finado o 24 de decembro de 2009,Entrada de Rafael Antonio Caldera Rodríguez na Encyclopedia Britannica foi un avogado, sociólogo, escritor, orador e político venezolano, electo dúas veces como presidente de Venezuela, exerceu dous mandatos de cinco anos (1969-1974 e 1994-1999).Rafael Caldera - Cognitio

Traxectoria Amplamente recoñecido como un dos fundadores do sistema democrático de Venezuela,John D. Martz, “Venezuela, Colombia, and Ecuador,” in Jan Knippers Black, ed. Latin America, Its Problems and Its Promise, 2nd ed. (Boulder, Colorado: Westview Press, 1991), 439 o principal arquitecto da Constitución de 1961 e un pioneiro do movemento demócrata-cristián en América Latina, Caldera axudou a forxar un período sen precedentes de goberno democrático civil nun país asediado por unha historia de violencia política e caudillos militares.

O seu liderado estableceu a reputación de Venezuela como democracia estables de América Latina durante a segunda metade do século XX.02 Feb 1994 - 02 Feb 1999 - Rafael Caldera Rodríguez - Global Security Durante o seu mandato houbo accións da Operación Cóndor no país.

Despois de licenciarse en Dereito e Ciencias Políticas pola Universidade Central de Venezuela en 1939, Caldera iniciou unha carreira de 70 anos que combinaba actividades políticas, intelectuais e académicas. Foi chamado tanto de pro-fascistaAgustín BLANCO MUÑOZ: La dictadura: Pedro Estrada habló (p. 71). Venezuela: Universidad Central de Venezuela, 1983. como de entregado ao comunismo.Germán Borregales: Todos fueron canallas. Venezuela: Ediciones Fe y Cultura, 1975.

Acusacións de corrupción En 1994 foi acusado do seu primeiro caso de corrupción por suposto enriquecemento cunha mina de ouro. Posteriormente foi acusado de corrupción xeneralizada na Administración pública, aínda que tamén de levar o asunto da corrupción a foros internacionais.

Amnistía aos militares da rebelión de 1992 Durante o segundo goberno de Caldera, foron amnistiados e postos en liberdade os militares implicados no intento de golpe de estado de 1992, que se sumaron ao partido político Movimiento V República (MVR), liderado por Hugo Chávez, que despois acadou unha clara vitoria nas Presidenciais de Venezuela en 1998.

Unha lenda urbana apuntaba a que Caldera fora padriño de promoción de Hugo Chávez no exército, no corpo de paracaidismo. Outra versión colocábao de padriño de bautismo, ambas foron desmentidas pola familia Caldera Pietri e o propio Chávez.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Legado en formato dixital http://www.el-nacional.com/noticias/sociedad/legado-rafael-caldera-ahora-formato-digital_264300 Rafael Caldera Biografía na páxina oficial do Goberno de Venezuela Rafael Caldera (en Convergencia.org.ve) Discursos e biografía (en www.fundacionjoseguillermocarrillo.com) (in Spanish) Biografia na fundación CIDOB

Categoría:Presidentes de Venezuela Categoría:Finados por párkinson Categoría:Finados en 2009 Categoría:Nados en 1916