Anxo Carbajal, nado en Ourense en 1965, é un actor galego.
Traxectoria Comezou no mundo da interpretación no teatro, concretamente en 1981 na compañía teatral Rúa Viva de Ourense. En 1983 fundou o seu propio grupo teatral, Kéltike Teatro en Amoeiro que mantivo ata 1987. En 1991 fundou Sal-monela Teatro na Coruña. No 2004 comeza a traballar na serie Libro de Familia para a TVG.
Películas Catalina (Mario Iglesias, 2006) Pataghorobí (Ricardo Llovo, 2005; filme para a TVG) A Atlántida (Belén Macías, 2005)
Series As leis de Celavella (TVG, 2004) Libro de familia (TVG, 2004-2010; como Senén Rego) Escoba! (TVG, 2012; como Arturo) Serramoura (TVG, 2015; como Tino Moreira)
Categoría:Actores de Ourense Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1965 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes