Galicia é un libro de viaxes por Galicia, de 158 páxinas, do escritor Francisco Fernández del Riego, publicado en edición non venal, por Xerais para o Concello de Vigo en 1994. Ilustrado con fotografías, debuxos e mapas en cor e branco e negro, anexaba unha carta do, daquela, alcalde de Vigo, Carlos Príncipe.

En 2002 integrouse, co número 91, na Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia, incluíndo unicamente o texto, sen as imaxes que levaba a primeira edición. Reeditouse no ano 2023 co gallo de dedicárselle ao autor o Día das Letras Galegas.

Contido Ramón Sanfiz (álter ego do autor) guía por Galicia ao matrimonio de Jean e Marguerite Mauron e ao historiador Pierre Mansour, os tres procedentes da Bretaña.

Capítulos

"Limiar" "Da disposición de Ramón Sanfiz e os seus amigos para percorreren Galicia." "De Santo Domingo de Bonaval á ría do Eo: Santiago, Arzúa, Sobrado dos Monxes, Melide, Palas de Rei, Lugo, Meira, Ribadeo."

"Da cidade mindoniense, pola beiramar, a Ferrol: Lourenzá, Mondoñedo, Ferreira do Valedouro, Viveiro, Santa Marta de Ortigueira, Cariño, Cedeira, San Andrés de Teixido, Ferrol." "Da vila dos Andrade a Santa María de Ozón: Pontedeume, Caaveiro, Nosa Señora de Monfero, Betanzos, A Coruña, Carballo, Buño, Malpica, Ponteceso, Corme, Laxe, Baio, Vimianzo, Camariñas, Muxía, San Xián de Moraime, Santa María de Ozón." "Desde o vello cabo do mundo á ría de Arousa: Corcubión, Cee, Fisterra, Carnota, Muros, Noia, Corrubedo, Santa Uxía de Ribeira, Pontecesures, Vilagarcía, Cambados." "Viaxe desde Pontevedra a Baiona do Miñor: Pontevedra, San Martiño de Bueu, Cangas de Morrazo, Pontesampaio, Soutomaior, Redondela, Vigo, Baiona do Miñor." "Entre Santa María de Oia e a cidade de Ourense: O Tegra, A Guarda, Tui, O Porriño, Ponteareas, Mondariz, Vilasobroso, A Cañiza, Ribadavia, Beade, Leiro, San Clodio, O Carballiño, Cea, Oseira, Ourense." "Desde o mosteiro de Ribas do Sil a terras de Monterrei: Nogueira de Ramuín, San Estevo de Ribas de Sil, Maceda, Xunqueira de Ambía, Allariz, Celanova, Bande, Xinzo de Limia, Monterrei, Verín." "Saída da Agudiña para Monforte de Lemos: A Agudiña, O Bolo, Viana do Bolo, Santa María das Ermidas, O Barco de Valdeorras, Pobra de Trives, Castro Caldelas, Monforte." "Partindo do Incio e Samos ao Lugo murado: Cruz do Incio, Samos, Sarria, Becerreá, Navia de Suarna, Fonsagrada, Castroverde, Lugo." "Percorrido de Portomarín a ponte Ulla: Portomarín, Ventas de Narón, Taboada, Chantada, Lalín, A Estrada, Caldas de Reis, Padrón, Ponte Ulla." "Remate da peregrinaxe en Santiago de Compostela." "Lugares que quedaron por visitar: Vilalba, San Martiño de Mondoñedo, A Toxa, Os Curros, Santa Marta de Ribarteme, Amandi, Os Ancares, O Cebreiro."

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Literatura de viaxes Pelerinaxes I Galicia vista por un inglés Uvas e granito

Ligazóns externas

Ficha da edición do ano 2023 no sitio web da editorial. Ficha de Galicia nas bibliotecas da Deputación de Pontevedra.

Categoría:Obras literarias de 1994 Categoría:Francisco Fernández del Riego Categoría:Obras literarias en galego Categoría:Libros de viaxes sobre Galicia Categoría:Novelas ambientadas en Galicia Categoría:Edicións Xerais de Galicia