1982 (MCMLXXXII) foi un ano común comezado en venres segundo o calendario gregoriano, e foi Ano Santo Xacobeo.
Acontecementos 1 de xaneiro, Javier Pérez de Cuéllar asume o cargo de secretario xeral das Nacións Unidas. 4 de xaneiro, o periódico coruñés La Voz de Galicia cumpre cen anos. 11 de xaneiro, promulgación do Estatuto de Autonomía de Cantabria e de Asturias. 14 de marzo, en California (Estados Unidos), Metallica da o seu primeiro concerto. 14 de abril, nace La Voz de la Escuela, suplemento escolar semanal de La Voz de Galicia. 30 de maio, España convértese en membro número dezaseis da Organización do Atlántico Norte OTAN. 10 de agosto, aprobado o estatuto de autonomía das Illas Canarias.
Nacementos 3 de xaneiro - Eli Manning, quarterback de fútbol americano estadounidense. 3 de febreiro - Bridget Catherine Regan, actriz estadounidense. 9 de abril - Fabiana Beltrame, remador brasileira. 10 de abril - Chyler Leigh, actriz, cantante e modelo estadounidense. 17 de abril - Lee Joon-gi, actor, modelo e cantante surcoreano. 22 de abril - Ricardo Izecson dos Santos Leite, conñecido como Kaká, futbolista brasileiro. 8 de xuño - Nadia Petrova, tenista profesional rusa. 11 de xuño - Ines Thomas Almeida cantante lírica de orixe dominicana. 12 de xullo - Benjamin Lacombe, ilustrador francés. 29 de setembro - Virginia Maestro, cantautora española. 22 de outubro - Lara Rozados Lorenzo, xornalista e escritora galega. 26 de outubro - Julie Boulanger, actriz francesa.
Mortes 2 de xaneiro - Paul Belmondo, escultor francés. 18 de xaneiro - Huang Xianfan, historiador e antropólogo chinés (n. 1899) 6 de febreiro - Ben Nicholson, pintor e escultor inglés (n. 1894). 9 de febreiro - Sol Aparicio Rodríguez, mecánico, militar e político galego (n. 1899). 2 de marzo - Philip K. Dick, escritor de ciencia ficción estadounidense. 29 de marzo - Carl Orff, compositor alemán. 10 de maio - Peter Weiss, dramaturgo alemán. 18 de maio - Arturo Taracido Veira, político galego (n. 1887). 10 de xuño - Rainer Werner Fassbinder, director de cine alemán. 18 de xuño - Djuna Barnes, escritora estadounidense. 29 de xuño - Ingrid Bergman, actriz sueca. 13 de xullo - Fernando Hoyos, xesuíta e guerrilleiro galego (n. 1943). 18 de xullo - Roman Jakobson, lingüista, e teórico da literatura ruso. 14 de setembro - Ramón Carballal Pernas, xuíz e escritor galego (n. 1921). 11 de outubro - Josep Renau, pintor e cartelista español. 16 de outubro - Adriano Correia de Oliveira, músico portugués. 27 de outubro - Eugenio Montes, escritor e académico ourensán, enterrado no cemiterio da Almudena (Madrid). 27 de outubro - Octavio Sanmartín Domínguez, militar e escritor galego (n. 1901). 10 de novembro - Leonid Brezhnev, máximo dirixente da Unión Soviética (1964-1982). 16 de novembro - Pavel Sergeevich Alexandrov, matemático ruso. 17 de decembro - Manuel Barros Arbones, escritor e xornalista galego (n. 1889).
20 de decembro - Arthur Rubinstein, pianista polaco.
Premios Nobel Física: Kenneth G. Wilson Química: Aaron Klug Fisioloxía ou Medicina: Sune K. Bergström, Bengt I. Samuelsson e John R. Vane Literatura: Gabriel García Márquez Paz: Alva Myrdal e Alfonso García Robles Economía: George J. Stigler
Día das Letras Galegas dedicado a: Luis Amado Carballo
Outros Celébrase o mundial de fútbol en España.
Véxase tamén
Outros artigos Historia ano a ano
Categoría:1982